Outro ano máis a cita na Portela será o día 13 de Agosto. Se vos gusta pasalo ben entre amigos este é o sitio. Non volo perdades...



.jpg)


Por último, voume facer un pouco de auto-bombo (nunca mellor dito), xa que creei unha conta no Panoramio. Para os que non coñezan unha breve explicación: o Panoramio é unha ferramenta do Google Earth no que se pode, ademais de colgar fotos, localizalas. Así cando alguén busca no mapa algo aparécenlle fotos dos usuarios. Así se poden ver fotos chulas da zona (recomendo a Domingo Vázquez ou Eladio) ou de outro lugares (os meus preferidos son Seara, Bob Fisher, luscofusco, ...) ou fotos ben bonitas coma estas dúas: o Campano e os meandros da Cubela. En resumidas contas que vos animo a que colguedes as vosas fotos

Este ano a música ao vivo poñena uns tales Airiños de Caldelas, pero volvendo o concepto Portelazo, avisarvos de que é unha festa que engancha, porque nós fumos por primaira vez o ano pasado e non penso faltar nuns cuantos anos, e eso que é o 16 de agosto que hai de todo, en todos os lados. 
Para este ano, o 9 de agosto, veñen os Airiños (que deben ser moi coñecidos na zona), e Ultraqans, un grupo de speed-folc de xente mítica do panorama musical galego que formaron parte de grupos coma: Papaqueixos, ALberto Bundi e Turma Angologalega, Banda Potenkim, Os tres Trebóns, ...