
lunes, 22 de diciembre de 2008
FIADEIRO-TRICOLE-TRIGOLI: "EL REGRESO"
O coñecido por todos como FIADEIRO, por moito que lle queiran cambiar o nome, contará a partir do día 24 de este mes cun novo e único camareiro-relacións públicas, que non poderá deixar indeferente a ninguén: o Clemente, máis conocido por todos como CHICHO.
Facémonos eco desta gran noticia no blog xa que esperamos que todos pasedes por alí estas navidades para apoiar esta nova xestión, e tentar así que o Fiadeiro en particular e o Castro en xeral recuperen o que se deu en chamar fai uns anos "LA MOVIDA CALDELÁ".
Esperamos encontrarnos con todos vos alí, no Fiadeiro-Tricole-Trigoly ou como carrallo se chame.
CHICHO ESTAMOS CONTIGO
CHICHO ESTAMOS CONTIGO
Neve no San Mamede
Esta fin de semana fomo Natalia e máis eu de reporteiros o San Mamede coa idea de subir ata o campor do Casar para ver o bidueiral nevado. Pero ca nevada que había non demos chagado. Na maioría do camiño o espesor era de uns 15-20cm e iso á hora de andar supoñía un sobre-esforzo moi grande. Pero como podedes ver puidemos, a pesar dos pesares, facer unhas cantas fotos, enredar un pouco coa neve,...
A Mogainza, de noite as 5 da tarde e cunha nevada de medo
E como xa é norma, tedes máis fotos no Panoramio para ver desta "aventudra"
Etiquetas:
Bidueiral,
Camiñar,
neve,
San Mamede
Suscribirse a:
Entradas (Atom)