viernes, 23 de diciembre de 2011

CICLO DE CINE "ANIME" XAPONÉS DURANTE O NADAL.

A Asociación "O Irrio" en colaboración co CEMIT de Castro Caldelas vai organizar un ciclo de cine para as vacacións do Nadal.
As pelis proxectaranse na aula do CEMIT (O Toural s/n, detrás do colexio) as 16h30. Aquí tedes algúns fotogramas e debaixo o nome da peli e o día que se proxecta.
NON PODEDES FALTAR!!!!!!!

DIA 26 DE DECEMBRO: PONYO EN EL ACANTILADO.
Nominada ó León de oro en 2008. Director: Hayao Miyasaki.
Trátase dunha moi libre adaptación do popular conto da sirenita. Sosuke, un rapaz de 5 anos, atopa un dia un peixiño e decile collelo sin imaxinar que realmente é unha princesa do mar que desexa convertirse en humana. Xuntos terán que sortear algún obstáculo e trabarán unha profunda amizade.
Coma en todas as pelis de Miyasaki, hai unha mensaxe ecolóxica de trasfondo.


DIA 27 DE DECEMBRO. MI VECINO TOTORO.
Director: Hayao Miyasaki.
Mei e Satsuki son dúas irmáns que se mudan co seu pai a vivir nunha cabaña no campo. Un dia a máis pequena descubre a existencia dos "totoros": espíritus guardiáns do bosque que só os rapaces de corazón puro son capaces de ver. Xunto a estas entrañables criaturas e o fantástico "Gatobús", Mei e a súa irmá descubrirán o verdadeiro valor da amizade, do amor e da familia nunha inesquecible aventura que as levará máis aló da súa imaxinación.


DIA 27 DE DECEMBRO: NAUSICÄ DEL VALLE DEL VIENTO.

DIA 28: EL CASTILLO EN EL CIELO.
DIA 30: HARU EN EL REINO DE LOS GATOS.


DIA 3 DE XANEIRO: CUENTOS DE TERRAMAR.
DIA 4 DE XANEIRO. EL CASTILLO AMBULANTE.

miércoles, 17 de agosto de 2011

Horarios das actividades

Máis ou menos xa estaba concretado no cartel. Pero ímos concretar os horarios.

VENRES 19

17:00h. Xogos populares e obradoiro de malabares

22:30 Raúl Piñeiro (Contacontos)

SÁBADO 20

11:00 Feira de artesanía



23:00 Concerto. A orde será
Os Tres Trebóns (e amigos)

Recordade que a zona de acampada é de balde.

Ademais este ano teremos posto con comida arriba... para os que veñan sen cenar ou con moita apetencia

E, por último, botádelle un ollo ao tempo...

martes, 9 de agosto de 2011

MONTEDERRAMO EN FESTAS!!!!


VI EDICIÓN DA SEMANA CULTURAL: MONTEDERRAMO AGOSTO 2011

DIA 12
A PARTIR DAS 00:30H
-VI EDICIÓN DO CONCERTO- FESTIVAL "O SON DAS PEDRAS" COS GRUPOS:
CUCHUFELLOS (MANZANEDA)
THE OTHERSITE (MACEDA)
DIA 13
-ÁS 22:30 H: CINE: “LOS MUERTOS VAN DEPRISA”
-A PARTIR DAS 00:30H: DISCOTECA MOVIL ( HASTA QUE O CORPO AGUANTE)
-I CONCURSO DE CHISTES CON GRANDES PREMIOS
DIA 14
-ACTIVIDADES INFANTÍS: LECER NO RURAL. (DE 17 A 19 H)
-TEATRO INFANTIL: “CARAPUCHINA VERMELLA OU O CONTO DO LOBO” (ÁS 19:00H).
-VERBENA CA ORQUESTA "NOVA PALMA"
DIA 15
-PASARÚAS E SESIÓN VERMOUTH CA ANTIGA BANDA DE GAITAS DE MONTEDERRAMO.
-FESTA INFANTIL (DE 17 A 20 H)
-FESTA E VERBENA CA ORQUESTA "MARCA"
DIA 16
-PASARÚAS E SESIÓN VERMOUTH CA NOVA CHARANGA DE TRIVES
-FESTA E VERBENA CUN GRUPO ORQUESTRAL.
DIA 17
-20:00H : TEATRO (Comedia) PARA TODOS OS PÚBLICOS: “GO ON”.
-23:00H: CINE: “UP” .

PORTELAZO MAZAZO 2011



Outro ano máis a cita na Portela será o día 13 de Agosto. Se vos gusta pasalo ben entre amigos este é o sitio. Non volo perdades...

lunes, 8 de agosto de 2011

sábado, 6 de agosto de 2011

Lumeares: Mes do espantallo


Por segundo ano celebrarase en Lumeares o mes do espantallo. A partir do vindeiro 12 de agosto os espantallos adornarán os diversos lugares da parroquia. Ademais como podedes ver haberá máis actividades:
  • pasarrúas
  • Campionato de tute
  • Maxia
  • Cea
  • Verbena
Recordade que é unha actividade aberta, así que si alguén quere levar o seu espantallo... e que estarán colocados ata fins de agosto.

martes, 2 de agosto de 2011

CONTA ATRAS




IDE CONTANDO OS DIAS QUE AHI ESTAMOS....

19 E 20 DE AGOSTO....POOOOOOONTEEEE LOUCOOOOOOOOOO!!!!!



Ponte Louco 2010: Xitumá Batuké



Como xa fixeran o ano pasado o grupo limiao "Xitumá Batuké" actuará este ano tamén no PONTE LOUCO 2011.

jueves, 28 de julio de 2011

Sin Disciplina


Ti sabes que a idea de poiesis (creación) é algo múltiple, pois en realidade toda causa que faga pasar calquera cousa do non ser ao ser é creación, de xeito que tamén os traballos realizados en todas as artes son creacións e os artífices destas son todos poiétai (creadores)...” O banquete, Platón

Artistas do territorio expoñen no castelo de Castro Caldelas

Se a creación ha ser múltiple, un territorio, este, calquera, acolle a distintos creadores, distintas creacións, múltiples sensibilidades para múltiples materiais, e sen embargo, unha necesidade común de comunicarse ao territorio de onde xorde a idea dunha reunión, dun facer conxunto, dun plasmar desde diferentes esferas individuais un discurso colectivo: un modo de ser e aprehender a realidade fundado no crear, no facer.

Sin disciplina suxire e atinxe a unha vontade de vivir en cuestionamento tanxencial para coa estructura social tardo capitalista dominante, o valor do xesto e a súa simplicidade dotan de sentido á posibilidade mesma. Este xesto, o do pincel, do disparo fotográfico, tecido, tallado, gráfico ou tipográfico… constitúen na súa esencia un encontro e reacción frente a esa –calquera algunha unha- forma de realidade. Así plantexado, intervir reformulando plástica e verbalmente convértese en resquicios de subxectividade necesarios desde as cales a propia existencia vaise conformando.

Hai unha tentativa de creación colectiva, un elemento común sobre o que cada artista intervén no seu modo persoal de facer, que se plasma sobre un aro , un círculo de ferro. (aros que sostiñan cubas en cubas que contiñan viño). Un elemento que se trae á contemporaneidade para que cada artista actúe. Esta restricción, este pregarse a un elemento común, posibilita ao mesmo tempo a traducción espontánea en pura praxis libre onde as convencións de estilo, formato e técnica son deixadas de lado…. Porque o que está en cuestión é se a contemporaneidade se xenera ou se recibe nun territorio periférico (este, calquera). Porque a vivencia, a traducción libre da realidade, desdebuxan as fronteiras entre disciplinas e as fronteiras entre centro e periferia.
Así o círculo que aglutina a exposición, así a corrente na que decorre o fío temperao da ferramenta sobre un anaco de castiñeiro, sobre un material de refugallo, a terra que constrúe espirais para o mundo, liño, pedra, lá, palabras, pigmento, louza e metal, papel e vidro, así o pensamento tropeza nos útiles e crea con acento propio.

jueves, 21 de julio de 2011

El Pau NO VA A SALIR EL SOL La fabrica visual



Para os que non o coñezades: así ídesvos facendo unha idea... e para os que xa o vistes vaiades facendo gañas...

jueves, 30 de junio de 2011

Ponte Louco 2011: La Acustikasesina


... e para pechar o concerto un grupo que vai facer que as nosas cadeiras (incluso as dos que teñen prótese) boten fume. Coa rumba como signo de identidade e facendo versións de míticos grupos coma Amparanoia, Zulu 9 30, Manu Chao, Fabulosos Cadillacs…pero dándolle un estilo propio e cancións en galego, portigués, castelán ou inglés.

Esta banda está formada por esperimentados músicos do panorama galego, xente que ven dos Festicultores Troupe, Sacha na Horta, Miñor Swing Band o Chotokoeu.




miércoles, 15 de junio de 2011

Ponte Louco 2011: Os tres trebóns + Magnifique band


Seguindo coas actuacións que poderemos ver este ano no Ponte Louco.... una vellos coñecidos....



... que como podedes ver, por se non recordades, xa estiberon por estes lares un par de veces...


Nomes coma Xurxo Souto, Antón Papaqueixos, Amil, Paino,... que formaron parte da historia musical galega en bandas coma Os Diplomáticos, Os Papaqueixos, Banda Potemkim, Alberto Bundi e a Turma Angologalega (ou galaica), A Matraca Perversa, Ultraqäns,... forman parte destes atrevidos... atrevidos por seren os encargados de romper o xeo este ano no Ponte Louco... e esperamos que só rompan o xeo... porque o do baixo é propenso a vir ou saír con lesións deste festival...


Recordade que ademais, que, coma xa anunciamos, contaremos ademais con El Pau, Ce e a Orquestra Pantasma,...

SEGUIREMOS INFORMANDO

lunes, 25 de abril de 2011

Concerto de Alpargata no Rubio



Por se alguén non se enterou o concerto dos Alpargata foi un éxito.... e iso que en "ourense a rumba non triunfa...". O público quedou encantado e os músicos tamén, ou eso é o que din.


jueves, 21 de abril de 2011

Pospoñemos a camiñada


Ante as máis que malas previsións do tempo imos pospoñer a saída, deixandoa cara o verás (xa informaremos das datas).


Desculpade as molestias. Seguiremos informando.

martes, 19 de abril de 2011

ANDAREMOS SE NOS DEIXAN


Como se di nestes casos: "si el tiempo lo permite" levaremos a cabo a andaina o venres, pero avisarvos que as noticias do tempo son bastante, por non decir, moi malas e se segue esa previsión aplazaremos a andaina para máis adiante.

viernes, 8 de abril de 2011

Mapa da camiña

Este é o percorrido, dun xeito máis visual.

Recordovos que non é imprescindible apuntarse pero é algo que agradeceriamos.

lunes, 4 de abril de 2011

Camiñada por Caldelas


Despois de dous anos recuperamos esta andaina o próximo 22 de abril, venres de semana santa. O percorrido modificámolo con respecto ao anterior, será máis curto, de uns dez quilómetros.

Esta vez sairemos do Castro en dirección ao muíños polos canellos. Dende aquí seguiremos o río ata a área recreativa da ponte das Táboas e continuamos ata debaixo de Concedelle. Dende alí subiremos ata Basteiros, pasando por Casasoá e Montemiau. Tras pasar pola fonte de Piñeira cruzaremos o Río Caldelas e subiremos por Camba para chegar ao Castro. A idea é facer o xantar na carballeira da Devesa (que cada un leve a súa comida).

O percorrido non é moi longo pero é duro. É imprecindible levar calzado impermeable.

Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com.

En breves días colgaremos un mapa e máis información.

lunes, 14 de marzo de 2011

AN DE GÜINERS AR....


AQUI TEDES OS DESEÑOS GAÑADORES PARA O CARTAZ E A CAMISETA RESPECTIVAMENTE.

Como nos puxestes a cousa tan difícil o final optamos por 1 premio para a camiseta e outro para o cartaz, cada un valorado en 40 euros e unha camiseta do festival.
Graciñas a todos e decirvos que foron uns traballos moi bos e foi moi difícil elixir...de todas maneiras os vosos esforzos non serán en vano e iremos quitando chapiñas cos deseños.

SODES UNS ARTISTAS!!!


miércoles, 2 de marzo de 2011

Ponte Louco 2011: El Pau (rumba n´Roll)



Un músico cunha dilatada experiencia, xa que formou parte de bandas coma ALPARGATA, Los Granitos de Arena, La Gualtrapa Band ou "El Trío Beleño e a Grotesque Big Band" e mesmo colaboreou con outras coma El Sombrero del Abuelo e Canteca de Macao.

Agora en solitario, pero acompañado de músicos de recoñecido prestixio: Chiki Lora (voz e guitarra de Canteca de Macao), Santiago Cañete (baixista de Alpargata) e Alejandro molina (batería de Fangoria) defínese doma fusión-mugre-tropical.

Pero coma un son vale máis que mil palabras escoitadeo no myspace.

sábado, 26 de febrero de 2011

Concurso cartaz-camiseta

Estes son os debuxos que, de momento, nos chegaron. Porque recordo que tedes de prazo ata o 28 deste mes para entregalos.

En primeiro lugar dicir que estamos contentísimos con tanta participación e agradecidísimos a todos aqueles que participastes.

Aquí quedan para que os vexades:

(A orde dos debuxos é un pouco rara, pero non me deixa recolocalos)

Deduxo 24: Pablo López
Deduxo 24: Pablo López



Debuxo 1: Manolo da Castiñeira
Debuxo 2: Manolo da Castiñeira
Debuxo 3: Manolo da Castiñeira
Debuxo 4: Manolo da Castiñeira
Debuxo 5: Manolo da Castiñeira
Debuxo 6: Manolo da Castiñeira
Debuxo 7: Manolo da Castiñeira
Debuxo 8: Ramón Díaz
Debuxo 9: Julio Teixeira
Debuxo 10: Julio Teixeira
Debuxo 11: Belén Castro
Debuxo 12: Belén Castro
Debuxo 13: Julio Teixeira
Debuxo 14: Txema San Xulián
Debuxo 15: Txema San Xulián
Debuxo 16: Victor Fernández, quero dicir Pepe da Concha
Debuxo 18: Vicotr Fernández
Debuxo 19: Manolo Teixeira
Debuxo 20: Manolo Teixeira
Debuxo 21: Manolo Teixeira
Debuxo 22: Julián (Grilo)
Debuxo 23 (que non por última menos importante): Sole Puga
Unha vez rematado o prazo de entrega reunirémonos para deliberar, que nos vai levar o seu tempo... Eso si, a decisión que tomemos non vai deixar a todo o mundo contento porque está visto que os traballos son moitos e moi bos.