Mostrando entradas con la etiqueta Alpargata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alpargata. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Alpargata

Aquí estamos de novo para ir adiantando o que poderemos ver no Ponte Louco deste ano... e comezamos forte: VOLVE ALPARGATA. A banda madrileña presentará o seu novo traballo: "Al Borde del Colapso", no que son máis alpargata, se cabe. Nel acentúanse esa manía de crear fusión pouco comúns, como o chotis do video, cumbias e por suposto rumba.

Recordade : 18 de agosto

lunes, 25 de abril de 2011

Concerto de Alpargata no Rubio



Por se alguén non se enterou o concerto dos Alpargata foi un éxito.... e iso que en "ourense a rumba non triunfa...". O público quedou encantado e os músicos tamén, ou eso é o que din.


miércoles, 2 de marzo de 2011

Ponte Louco 2011: El Pau (rumba n´Roll)



Un músico cunha dilatada experiencia, xa que formou parte de bandas coma ALPARGATA, Los Granitos de Arena, La Gualtrapa Band ou "El Trío Beleño e a Grotesque Big Band" e mesmo colaboreou con outras coma El Sombrero del Abuelo e Canteca de Macao.

Agora en solitario, pero acompañado de músicos de recoñecido prestixio: Chiki Lora (voz e guitarra de Canteca de Macao), Santiago Cañete (baixista de Alpargata) e Alejandro molina (batería de Fangoria) defínese doma fusión-mugre-tropical.

Pero coma un son vale máis que mil palabras escoitadeo no myspace.

viernes, 10 de septiembre de 2010

viernes, 7 de mayo de 2010

Máis nomes: CHOTOKOEU


Ademais de Alpargata, no PONTE LOUCO 2010 actuará o grupo Coruñés CHOTOKOEU.

Eles autodefínense coma "fusiónn festiva", e iso, sen dúbida, ten moito que ver co Ponte Louco. Para facer música bailable mesturan diversas músicas: ska, a rumba, o reggae, o Folk, latina ou Swing.

Na súa curta historia teñen tocado en diversos festivais do pais (Senuncan, Festival da Chaira, ...) recibido premios como o galiza Crea 2009.

Se queredes saber máis visitade o seu myspace ou os seus videos no youtube

E estade atentos que a semana que ven hai máis novas ¿Quen será o terceiro grupo deste ano?