Mostrando entradas con la etiqueta PONTE LOUCO 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PONTE LOUCO 2011. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de agosto de 2011

Horarios das actividades

Máis ou menos xa estaba concretado no cartel. Pero ímos concretar os horarios.

VENRES 19

17:00h. Xogos populares e obradoiro de malabares

22:30 Raúl Piñeiro (Contacontos)

SÁBADO 20

11:00 Feira de artesanía



23:00 Concerto. A orde será
Os Tres Trebóns (e amigos)

Recordade que a zona de acampada é de balde.

Ademais este ano teremos posto con comida arriba... para os que veñan sen cenar ou con moita apetencia

E, por último, botádelle un ollo ao tempo...

martes, 2 de agosto de 2011

CONTA ATRAS




IDE CONTANDO OS DIAS QUE AHI ESTAMOS....

19 E 20 DE AGOSTO....POOOOOOONTEEEE LOUCOOOOOOOOOO!!!!!



Ponte Louco 2010: Xitumá Batuké



Como xa fixeran o ano pasado o grupo limiao "Xitumá Batuké" actuará este ano tamén no PONTE LOUCO 2011.

jueves, 21 de julio de 2011

El Pau NO VA A SALIR EL SOL La fabrica visual



Para os que non o coñezades: así ídesvos facendo unha idea... e para os que xa o vistes vaiades facendo gañas...

jueves, 30 de junio de 2011

Ponte Louco 2011: La Acustikasesina


... e para pechar o concerto un grupo que vai facer que as nosas cadeiras (incluso as dos que teñen prótese) boten fume. Coa rumba como signo de identidade e facendo versións de míticos grupos coma Amparanoia, Zulu 9 30, Manu Chao, Fabulosos Cadillacs…pero dándolle un estilo propio e cancións en galego, portigués, castelán ou inglés.

Esta banda está formada por esperimentados músicos do panorama galego, xente que ven dos Festicultores Troupe, Sacha na Horta, Miñor Swing Band o Chotokoeu.




miércoles, 15 de junio de 2011

Ponte Louco 2011: Os tres trebóns + Magnifique band


Seguindo coas actuacións que poderemos ver este ano no Ponte Louco.... una vellos coñecidos....



... que como podedes ver, por se non recordades, xa estiberon por estes lares un par de veces...


Nomes coma Xurxo Souto, Antón Papaqueixos, Amil, Paino,... que formaron parte da historia musical galega en bandas coma Os Diplomáticos, Os Papaqueixos, Banda Potemkim, Alberto Bundi e a Turma Angologalega (ou galaica), A Matraca Perversa, Ultraqäns,... forman parte destes atrevidos... atrevidos por seren os encargados de romper o xeo este ano no Ponte Louco... e esperamos que só rompan o xeo... porque o do baixo é propenso a vir ou saír con lesións deste festival...


Recordade que ademais, que, coma xa anunciamos, contaremos ademais con El Pau, Ce e a Orquestra Pantasma,...

SEGUIREMOS INFORMANDO

lunes, 14 de marzo de 2011

AN DE GÜINERS AR....


AQUI TEDES OS DESEÑOS GAÑADORES PARA O CARTAZ E A CAMISETA RESPECTIVAMENTE.

Como nos puxestes a cousa tan difícil o final optamos por 1 premio para a camiseta e outro para o cartaz, cada un valorado en 40 euros e unha camiseta do festival.
Graciñas a todos e decirvos que foron uns traballos moi bos e foi moi difícil elixir...de todas maneiras os vosos esforzos non serán en vano e iremos quitando chapiñas cos deseños.

SODES UNS ARTISTAS!!!


miércoles, 2 de marzo de 2011

Ponte Louco 2011: El Pau (rumba n´Roll)



Un músico cunha dilatada experiencia, xa que formou parte de bandas coma ALPARGATA, Los Granitos de Arena, La Gualtrapa Band ou "El Trío Beleño e a Grotesque Big Band" e mesmo colaboreou con outras coma El Sombrero del Abuelo e Canteca de Macao.

Agora en solitario, pero acompañado de músicos de recoñecido prestixio: Chiki Lora (voz e guitarra de Canteca de Macao), Santiago Cañete (baixista de Alpargata) e Alejandro molina (batería de Fangoria) defínese doma fusión-mugre-tropical.

Pero coma un son vale máis que mil palabras escoitadeo no myspace.

sábado, 26 de febrero de 2011

Concurso cartaz-camiseta

Estes son os debuxos que, de momento, nos chegaron. Porque recordo que tedes de prazo ata o 28 deste mes para entregalos.

En primeiro lugar dicir que estamos contentísimos con tanta participación e agradecidísimos a todos aqueles que participastes.

Aquí quedan para que os vexades:

(A orde dos debuxos é un pouco rara, pero non me deixa recolocalos)

Deduxo 24: Pablo López
Deduxo 24: Pablo López



Debuxo 1: Manolo da Castiñeira
Debuxo 2: Manolo da Castiñeira
Debuxo 3: Manolo da Castiñeira
Debuxo 4: Manolo da Castiñeira
Debuxo 5: Manolo da Castiñeira
Debuxo 6: Manolo da Castiñeira
Debuxo 7: Manolo da Castiñeira
Debuxo 8: Ramón Díaz
Debuxo 9: Julio Teixeira
Debuxo 10: Julio Teixeira
Debuxo 11: Belén Castro
Debuxo 12: Belén Castro
Debuxo 13: Julio Teixeira
Debuxo 14: Txema San Xulián
Debuxo 15: Txema San Xulián
Debuxo 16: Victor Fernández, quero dicir Pepe da Concha
Debuxo 18: Vicotr Fernández
Debuxo 19: Manolo Teixeira
Debuxo 20: Manolo Teixeira
Debuxo 21: Manolo Teixeira
Debuxo 22: Julián (Grilo)
Debuxo 23 (que non por última menos importante): Sole Puga
Unha vez rematado o prazo de entrega reunirémonos para deliberar, que nos vai levar o seu tempo... Eso si, a decisión que tomemos non vai deixar a todo o mundo contento porque está visto que os traballos son moitos e moi bos.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Ponte Louco 2011: Ce e a Orquestra Pantasma



Outro ano máis contaremos co home Orquestra Ce e a Orquestra Pantasma, eso si este ano só o venres... non vaia ser que se canse de nos


viernes, 28 de enero de 2011

PONTE LOUCO: AXUDAINOS COMPAÑEIROS....


Como dirían Os Cempés: "Axudainos compañeiros axudainos camaradas axudainos ccompañeiros a facer a foliada....." E por eso pomos en marcha un ano máis a posibilidade de colaborar co Ponte Louco presentando un debuxo o imaxen que sirva para o cartaz e a camiseta de este ano 2011.

Por o esforzo haberá recompensa e o debuxo ou imaxen elexida recibirá un premio valorado en 60 euros e dúas camisetas co novo deseño.

As vosas ideas deberedelas facer chegar o mail: maiscargadadebombo@gmail.com, e tendes de plazo ata o 28 de febreiro de 2011.

Esperamos as vosas ideas. FORMADE PARTE DE ESTA ILUSION QUE SE CHAMA PONTE LOUCO!!!!