lunes, 30 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Falperrys

Para abrir o festival deste ano o Folk-punk dos vigueses FALPERRYS. Deles, despois de escoitalos, pouco cabe dicir... un sonido potente e directo que recorda aos míticos The Pogues. Serán os encargados de romper o xeo... e abofé que ritmo non lle faltará.

miércoles, 25 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Sacha na Horta


Seguindo coa programación do Ponte Louco 12 este grupo compostelán SACHA NA HORTA. Este grupo de "agropunk mestizo" creouse no ano 2007 para presentarse A Polo Ghit co tema Biocultivos e gañaron... A banda creouse con xente que xa formara parte de outras bandas: Os Tres Trebóns, A Matraca Perversa,... e sacan o seu primeiro traballo "Temos Moito que Sachar" con temas que falan das suas "inquedanzas, alegrías, rabias e soños; sempre con un toque de retranca e unha crítica incorformista". 

Agora cunha banda renovada en 2009 o espíritu continua con temas novos coma "Busco Amante" ou Galiza Chamiza".


jueves, 19 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Alpargata

Aquí estamos de novo para ir adiantando o que poderemos ver no Ponte Louco deste ano... e comezamos forte: VOLVE ALPARGATA. A banda madrileña presentará o seu novo traballo: "Al Borde del Colapso", no que son máis alpargata, se cabe. Nel acentúanse esa manía de crear fusión pouco comúns, como o chotis do video, cumbias e por suposto rumba.

Recordade : 18 de agosto