lunes, 30 de marzo de 2009

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS "CONTO CALDELAS"

Antes de nada, temos que decirvos que MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.Foi unha auténtica marabilla poder ler os vosos traballos.
E agora os premios:

CATEGORIA A:

1º PREMIO: LORENA ALVAREZ OSORIO por A MAQUINA DO TEMPO

Os outros dous premios debido a un empate técnico serán repartidos da seguinte forma:

2º e 3er PREMIO: LAURA PRIETO ALVAREZ por PABLO E O IRRIO
VICTOR FERNANDEZ por O DRAGÓN DO BURGO
RAISA FERNANDEZ MARTIN por A FLOR DA NOITE

CATEGORIA B:

1º PREMIO: ANDREA BALBONA PEREZ por A MODIÑO
2º PREMIO: LAURA MOVILLA GONZALEZ por INVERNO
3er PREMIO: NATALIA CARBALLO RODRIGUEZ por AVENTURAS EN CASTRO CALDELAS


Noraboa a todos os premiados. E decir a todos os participantes que o día 9 de Abril, xoves de semana santa procederemos a entrega de premios e haberá un agasallo para todos os que participastes no Concurso. O remate da entrega de premios tomaremos unha pequena merenda para celebralo con todos vos. Xa vos contaremos en qué sitio e a qué hora neste blog.
Temos que agradecer tamán a Editorial Sotelo Blanco a súa colaboración co Concurso de Relatos e ca nosa Asociación, xa que entre os premios contaremos con Libros cedidos por eles.

jueves, 26 de marzo de 2009

Preparaivos: ESTE ANO 2 DÍAS de PONTE LOUCO


Este ano o PONTE LOUCO vai ter dous días, xa que vamos facer actividades tamén o venres 21 (pero non concerto).

Así que o Programa vai quedar tal que así:


VENRES 21

Taller de Malabares: Este anos Celso & Cía ademais de facer das súas farannos pasar por a corda frouxa, darlle as mazas, diábolo,...
Maxia: Os magos de Lumeares

Canier: 2º intento, a ver si desta...

E para dar ambiente pola noitiña Ce e a Orquestra Pantasma



SÁBADO 22

Feira de artesanía

Xogos

Malabres

Títeres: Viravolta: O Galo Quirico e os seus amigos


E de novo pasarrúas a cargo de Ce e a Orquestra Pantasma

E o prato forte: Concerto





E para semaniña xa estarán as camisetas deste ano.... xa sabedes

domingo, 22 de marzo de 2009

BENVIDA IRIA


Hoxe tivemos unha gran nova. Xa hai unha nova pontelouqueira no mundo, Iria, filla de dous grandes pontelouqueiros o Fer do Campos e a Almudena.Dende aquí darvos unha aperta moi grande e a nosa noraboa. Ahora xa sabedes, a estrenar ese novopapel de pais e idelle explicando a Iria cómo vai o tema do Ponte Louco para que veña preparada.
MOITOS BICOS PAPAS!!!!!!

jueves, 19 de marzo de 2009

Anxo Moure: Contador de historias



Dende que nos coñecimos tivemos claro que o queriamos traer o Ponte Louco, e el que quería vir. E cando as dúas partes queren é sinxelo chegar a un acordo.
Os seus non son simples contos no que se desenvolve unha historia. Ademais diso Anxo vai moito máis aló e contanos historias cotiás do noso mundo nas que a violencia, inxustiza, fame, ... están presentes. Porén, este ecopacifista non conta historias tristes; sabe transmitir unha visión positiva e que cada un de nos pode, dendcalquera lugar, facer moito por cambiar as cousas.
O día do Ponte Louco chegará na súa bici, contará as súas historias, fará gozar a nenos enon tan nenos e incluso pode que remova algunha conciencia.
Se queredes saber máis sobre el e sobre a ONGD Bicis pola Paz vistade a súa web

lunes, 16 de marzo de 2009

Cé orquestra pantasma, home orquestra

Este ano o pasarrúas correrá a cargo de Ce e a Orquestra Pantasma, e tan pastasma que é a orquestra, xa que el soliño toca todo e de todo...

jueves, 12 de marzo de 2009

REMATA O PRAZO


Lembrade que remata o prazo para a presentación dos traballos esta fin de semana. Gracias a todos os que participades e pronto teredes novas de quenes son os gañadores.

martes, 10 de marzo de 2009

II andaina por Caldelas






Por segundo ano, a Asocición O Irrio, en colaboración co Centro Comarcal Terra de Caldelas, organizaremos unhas saida camiñando polas terras de Caldelas o venres 10 de abril.

O percorrido será moi parecido ó do ano Pasado: Castro Caldelas, o Toural, Camba, Ponte das Táboas, no caso de que o río vaixe con forza iremos pola estrada; Fonte de Piñeira, Piñeira (pobo), O Burgo, Camiño Real (Vía Romana), aquí posiblemente fagamos a única modificación con respeto ó ano anterior achegandonos ata S Pedro e Cacidrón; logo iremos ata Vilamaior, cruzaremos a Veiga onde veremos os petroglifos, Casares, Casasoá, Basteiros, e logo iremos un bo rato polas veiras do Río Caldelas, onde poderemos ver cinco muíños, ata chegar á Ponte, onde subiremos cara o Castro. Se o queredes ver de xeito máis detallado hai un folleto co seguinte texto.
Non se fai inscrición, pero si se recomenda apuntarse no Centro Comarcal: 988204630, ou por mail: cctcaldelas@comarcasdegalicai.com; ou no foro deste blog.
Ademais se queredes ver máis fotos podedes facelo no Panoramio.
Por último anunciar que os de Lumeares tamén farán a súa andaina o 16 de maio.

lunes, 9 de marzo de 2009

¿Inverno ou primavera?

Esto é o que vexo cando baixo as escaleiras da miña rúa ("Alzapiernas", imaxinade por qué) camiño da zona vella.

Se vou a pasear ó parque do príncipe atópome con estes arbustos en flor...
...con este tan curioso que mistura follas vermellas , verdes e frores (se alguén sabe o seu nome...).


O sol brila e a temperatura é de 19º, así que penso: XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA!



Pero seguindo co paseo doume conta de que non, de que aquilo que tanto se empeñaron en recalcarnos os nosos mestres (o inverno comenza o 21 de decembro e remata o 21 de marzo) algo de razón tiña. Coas frores e as follas explosionantes de cores mistúranse árbores como as de abaixo, que me encantan porque son, sin querelo, árbores de nadal casi perpetuos (tamén agradecería que alguén me dixera o nome). Están desnudos, non teñen nin un só brote, pero das súas polas colgan decenas de boliñas.

O último que vexo antes de saír do parque é esto:


Entón penso que igual os mestres de agora teñen que cambiar a cantinela das estacións.






domingo, 8 de marzo de 2009



Hoxe celébrase o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
No ano 1977 a oficina das Nacións Unidas declarou oficialmente este día. O porqué desta data parece ser que foi porque o 8 de marzo do ano 1908 un grupo de mulleres traballadoras, costureiras industriais, declaránronse en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento de salario, reducción da xornada laboral e o fin do traballo infantil. Durante esta folga pacífica 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, este incendio foi provocado polos mismo donos da fábrica.

Mujer,
traías una canción
nueva en los labios.
Pero no te dimos
la palabra
aunque eres
la voz
de la mitad
de la tierra.
Mujer,
tus ojos
veían el mundo
de otro modo.
Pero no quisimos
conocer el contenido
y el calor
de tu mirada.
Mujer
llevabas en tu piel
de todos los colores
la semilla
de mañana,
la luz
que podía iluminar
inéditos caminos,
rebeldes
pero pacíficos senderos,
mujer-puente
mujer-lazo
mujer raíz y fruto
de amor
y de ternura.
Mujer,
tus manos tendidas
y tu regazo
con espacios inmensos
de amparo
y de consuelo.
Pero no hemos comprendido
la fuerza de tu abrazo
ni el grito
de tu silencio,
y andamos
sin brújula
ni alivio.
Mujer,
sin otro dueño
de cada uno
que sí mismo,
irás
desde ahora
igual y libre,
compañera
de un mismo sueño
ya para siempre
compartido.