miércoles, 6 de febrero de 2008

NO CASTRO AINDA QUEDA ENTROIDO

Na outra entrada que puxeramos sobre o entroido, Pili deixounos un comentario un tanto melancólico, pois ela, que é unha gran amante do seu pobo, sentía que esta tradición se podese perder.
A nosa amiga e lectora vive o día a día no Castro e sabe bastante millor ca min cómo están as cousas no pobo. Decíanos que agora os compadres e as comadres fanse no colexio (unha grande labor, penso eu, dos mestres; que velen porque non se perda a tradición: NORABOA).
E como "para mostra un botón", Pili mandounos estas tres fotos do entroido no colexio no que moitos estudamos. Eu creo recoñecer na primeira foto a Xoaquina (a "profa") agochada detrás dun compadre á esquerda; recoñezo tamén a Manolita (unha nena que vive nas laguiñas), creo que tamén está Benazir (filla da Susi do Tadeo). Na segunda só recoñezo a Víctor (o da gasoliñeira) á esquerda. A última foto é de tres guapas mozas de 2º da ESO: Noelia (carnicería) e Laura (Laurita patata frita: un bico), non sei o nome da outra nena.
Pediríalle a xente do Castro que lea esto que me axude cos nomes dos demás nenos.
Para acabar coa sección da "terra" quero darlle as gracias a Pili de novo: por todo. Si algún de vós ten máis fotos que non dubide en mandalas á dirección que aparece á esquerda no blog.

Esta segunda sección é a dos fenómenos "paranormáis". Ise/isa que está tirado/a nas escaleiras foi un día o afamado filósofo e escritor dadaísta Hugo Ball (logo reencarnado en Hugo Boss). Parece ser que este ano decidiuse por un disfra "políticamente correcto e repectuoso coa lei da paridade". Non sei cal será a explicación que lle dará il/ela, pero eu só podo facer un comentario: A TÚA IMAXINACIÓN E OS TEUS DISFRACES SON AU-TEN-TI-CA-MEN-TE-CO-JO-NU-DOS.

Debaixo temos a un reno (¿rena?) con cornos de guantes de neve. Tamén me gustaría saber de qué estaba feita a careta... Isa pose, ise xesto, isa maneira de agarrar "la cubata" resúltame tan familiar!!!!!!!!!!!!!!!!!!

ACLARACIÓNS DE FURAKAO

Este artista Caldelao anda un pouco molesto porque, polo visto, algo está pasando coas votacións do concurso no que participa e do que vos informabamos na entrada anterior. Mandou unha mensaxe ó Pontelouco para que nos fixeramos eco disto e vos levaramos ó seu espazo en myspace para que souberades de primeira man o que pasa. Eu permitinme copiar a información que o propio Carlos da alí para que a leades. REPITO: o que transcribo é unha copia do que il escribiu.
cocncurso maquetas 100 pipers
Saludos a todos los amigos, visitantes y curiosos: Quiero agradecer a todos los que me habéis votado vuestro apoyo y la publicidad que hacéis. Ante la situación enrarecida que hay en el concurso de maquetas, quiero dejar claro una cosa. NO TENGO NADA QUE VER CON LA MANIPULACIÓN DE VOTOS. He de reconocer (me lo dijeron el fin de semana pasado) que alguien a quien pedí el voto, ha manipulado la votación SIN MI AUTORIZACION NI BENEPLACITO. Me he puesto en contacto con la organización para decirselo y que tomen las medidas que consideren necesarias. AUNQUE YO NO SOY RESPOSABLE DE ESTE FRAUDE, TENDRÉ QUE ASUMIRLO COMO PROPIO. Os agradezco una vez más vuestro apoyo y seguiré considerando como votos válidos las más de 700 visitas, que incrementó este blog desde el inicio del concurso. Ya es mucho más de lo que esperaba!. Gracias!!!!!!!!!!!.
Desde hoy 4 de Feb. los votos anteriores están anulados, por lo que os pido que volváis a votar con el nuevo sistema. AHORA "hay que confirmar el voto"
Seguid votando , SIN HACER TRAMPAS.
En fin, por desgracia parece que hai xente que non entende ben o significadoda palabra "axuda". Carlos, dende aquí, os que xa che votaran, seguro que volverán facelo. Ademáis, as visitas que recibes dicen moito. Sorte.