miércoles, 6 de febrero de 2008

NO CASTRO AINDA QUEDA ENTROIDO

Na outra entrada que puxeramos sobre o entroido, Pili deixounos un comentario un tanto melancólico, pois ela, que é unha gran amante do seu pobo, sentía que esta tradición se podese perder.
A nosa amiga e lectora vive o día a día no Castro e sabe bastante millor ca min cómo están as cousas no pobo. Decíanos que agora os compadres e as comadres fanse no colexio (unha grande labor, penso eu, dos mestres; que velen porque non se perda a tradición: NORABOA).
E como "para mostra un botón", Pili mandounos estas tres fotos do entroido no colexio no que moitos estudamos. Eu creo recoñecer na primeira foto a Xoaquina (a "profa") agochada detrás dun compadre á esquerda; recoñezo tamén a Manolita (unha nena que vive nas laguiñas), creo que tamén está Benazir (filla da Susi do Tadeo). Na segunda só recoñezo a Víctor (o da gasoliñeira) á esquerda. A última foto é de tres guapas mozas de 2º da ESO: Noelia (carnicería) e Laura (Laurita patata frita: un bico), non sei o nome da outra nena.
Pediríalle a xente do Castro que lea esto que me axude cos nomes dos demás nenos.
Para acabar coa sección da "terra" quero darlle as gracias a Pili de novo: por todo. Si algún de vós ten máis fotos que non dubide en mandalas á dirección que aparece á esquerda no blog.

Esta segunda sección é a dos fenómenos "paranormáis". Ise/isa que está tirado/a nas escaleiras foi un día o afamado filósofo e escritor dadaísta Hugo Ball (logo reencarnado en Hugo Boss). Parece ser que este ano decidiuse por un disfra "políticamente correcto e repectuoso coa lei da paridade". Non sei cal será a explicación que lle dará il/ela, pero eu só podo facer un comentario: A TÚA IMAXINACIÓN E OS TEUS DISFRACES SON AU-TEN-TI-CA-MEN-TE-CO-JO-NU-DOS.

Debaixo temos a un reno (¿rena?) con cornos de guantes de neve. Tamén me gustaría saber de qué estaba feita a careta... Isa pose, ise xesto, isa maneira de agarrar "la cubata" resúltame tan familiar!!!!!!!!!!!!!!!!!!

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Ocúrreseme que, como este rapaz esta´tan louco, deberiamolo adoptar como "mascota" (no bo sentido) do festival: eres a monda lironda

ignorante dijo...

Yo no entiendo muy bien el disfraz ¿es una mujer/hombre? ¿es una mujer al revés? ¿es súpercoco?

aurora dijo...

¿En el Castro aún queda Entroido?
Ýo no lo he visto por ningún lado.Los niños corren l@s comadres/compadres en el colegio (algunas profes -léase Joaquina- los hacen allí, y otros los llevan de casa), por lo que no se ven por el pueblo. La única "celebración" ha sido gracias al Pub Rubio (sí, sí, los niños en el Pub) que amablemente nos lo dejaron para que unas cuantas madres organizáramos una especie de merienda-baile. Por lo visto la falta de presupuesto en la Concejalía de ¿Cultura? impide hacer para los ñiños caldelaos ni una mísera chocolatada.
P.S.: Los niños que no reconoces en las fotos son: Sara de Trascastro, Carmen de Alais, Alba de A Teixeira, Raisa de Cimadevila, ¡tu prima Lorena!, en la primera foto, Ismael, Rubén y Nuno en la segunda e Irea de Villerdá en la última.

LAMADREQUEMEPARIO dijo...

Anónimo y luego no os llega con el Irrio? Aunque todo se puede negociar: una buena paparota,alojamiento,medios económicos para mejorar los disfraces......
Amigo ignorante,que eres un ignorante,el disfraz es un homenaje a la madre que me parió y como se puede apreciar en la instantánea con mucho esfuerzo(supercoco)y dolor.(véase el vaso de calmante que tiene al lado y que sin él no sería posible un acto de tales características).

altazor temblor de cielo dijo...

Uf, veo que la cosa está que arde. Bueno, como sabes, yo no estuve en el Castro y llevo sin ir varios años por estas fechas PORQUE LA GENTE NO SE DISFRAZABA. Cuando hice la anterior entrada sobre el carnaval (en la que hablaba precisamente de su agonía por no decir muerte en nuestro pueblo), Pili me contó lo del cole, así que pensé que el esfuerzo (de quien sea) y la ilusión que todavía mantienen algunas personas por esta fiesta merecía esta especie de "homenaje" que es sacar la nueva entrada. Por lo demás, yo creo que la culpa de que el carnaval se muera es sólo nuestra, lo siento, es mi opinión sincera (y cuando digo nuestra, me incluyo pues yo he desertado del pueblo en dichas fiestas). Desde que tengo uso de razón nunca el ayuntamiento organizó nada por estas fechas (y me remonto a la lejana década de los 70, 80 y 90, a partir de aquí no recuerdo muy bien si alguna vez se trajo alguna charanga). Cuando yo era bien pequeña (y todos los de mi generación lo recordarán como yo), nos pintábamos por las calles, nos echábamos harina, corríamos los compadres y las comadres, nos disfrazábamos los tres días e íbamos a la "discoteca" del grilo. Nadie nos organizaba nada, no lo necesitábamos. Ahora en el castro hay muchos menos niños, mucha menos gente o muchas menos ganas, no lo sé, sinceramente; pero sí creo que esperar a que las cosas las organicen los demás (léase ayuntamiento, asociaciones, etc...) es un poco cómodo. Si alguien tiene ganas de algo debe luchar por ello. Nosotros, sin ir más lejos, creímos en un festival y lo montamos, surgieron nuevas ideas (talleres de marionetas, de creación literaria, rutas de senderismo) y luchamos por ellas. En navidades el ayuntamiento organizó un espectáculo de payaso-malabar para los niños ¿sabes cuántos niños del Castro había? entre 5 y 8 CONTADOS CON LOS DEDOS DE LA MANO, vergonzoso. ¿De quién es la culpa? En Julio, María do Cebreiro (poeta gallega joven pero bastante reconocida) vino a dar un recital al castillo ¿cuántos estábamos? CUATRO. Patético. ¿De quién es la culpa? Es posible, Aurora, que tengas parte de razón; es posible, pero tú sabes tan bien como yo que a veces "movernos" a los caldelaos resulta una tarea que roza lo imposible. Mi concepto de las cosas es diferente: las hago porque me apetece, me gustan o me resultan interesantes; aunque puedo entender que otras personas tengan otra perspectiva de esto. En fin, espero hablar de lo humano y lo divino contigo y una cañita porque me presta mucho más. No entiendas este mensaje como una defensa de nadie (creo que me pillas ¿no?) sólo pretendía ser una crítica de nuestras propias actitudes (entre ellas las mías a veces) y SOBRE TODO un reconocimiento, repito, a los que todavía tienen ganas de tirar "p´alate". El título de la entrada es hiperbólico? Sí, seguramente, pero la hipérbole forma parte de mi agradecimiento. En fin, que vaya rollo que te acabo de meter... Ahora sólo nos queda disfrutar de la Cuaresma!!!!!!

altazor de nuevo dijo...

PD: he de decir en mi defensa que a algunos niños sí los había reconocido, pero no estaba totalmente segura y no quise meter la pata!!!!!!!!!!!!!!

requeteignorante dijo...

Tes razón, lamadrequemepario, son burro de campionato e o que escribiu a entrada máis (jejejeje) porque tampouco soubo entender o disfraz, en fin, que fora o que fora está moi logrado: superándote a ti mesmo. Teremos que falar co Concello para que te contrate de animador do próximo entroido porque seica a cousa está moi chunga no Castro

Natalia dijo...

Eu penso que hai tradicións que non se poden impoñer, na Terra de Caldelas nunca houbo tradición cos carnavais(e falo do Castro e concellos de arredor)
Por certo, tamén recordar a todo o mundo que moitas veces organízanse festas coma a Flower Power, que se basea en disfrazarse e que tampouco participa nin dios, polo que penso que é máis un problema de xente que de falta de organización. O mellor se entre todos tentáramos poñer algo da nosa parte poderiamos darlle algo de "alegría" a festa dos carnavais, pero sigo pensando que hai cousas que é moi difícil que collan un auxe que nunca tiveron.

Anónimo dijo...

Tamén podía ser unha persoa reversible

nieves dijo...

yo opino que la gente va a menos pero habra que hacer algo para que los niños no perdieran la ilusion, no supone tanto gasto comprar unas patatas unos refrescos y ceder un local para este fin, menos mal que hay gente que quiere a los niños. Gracias a Jorge y Iago y a Noelia por el detalle que tienen todos los años.

Anónimo dijo...

eu penso que o entroido non consiste nunhas patacas senon en disfrazarse e saír a pasalo ben. Sen dúbida o que fan os do rubio está moi ben (non so isto senon tódalas actuacións musicais e teatráis que nos están REGALANDO), pero eu penso máis ou menos o que di Altazor: nós somos os que temos que espabilar, os nosos nenos son os que teñen que ter gañas de facer cousas porque lles gustan, non porque lles "regalan nada". Ó mellor uns gaiteiriños ou unha charanga houbese animado máis o ambiente??? Non o sei, igual sí, pero ¿cantos aguantarían á intemperie? O entroido é troula, disfraz, rúa, "alegría", penso eu...

Anónimo dijo...

Unha reflexión...
Se os escasísimos actos culturais que se producen no Castro sempre son obra de algunha asociación (Pontelouco, Terra de Caldelas) ou de particulares (concertos no Rubio)...se hai unha persoa que se dedica a estas cuestións (cobrando) e os seus resultados son un "brillantísimo" día 8 dos Remedios e uns Fachons de caos absoluto....
¿Alguén non debería facer algo?

Natalia Cortón dijo...

Vamos facer outra reflexión:
Este é un blog que fala das actividades que propón unha asociación "O Irrio", e particularmente, do Ponte Louco.
Vamos facer outra reflexión, ningún dos que organizamos o Ponte Louco vivimos da política.
E vamos facer outra reflexión, neste blog pode falar todo o mundo, pero non hai cabida para tratar temas políticos, porque a nosa asociación non defende ningunha ideoloxía nin se fai ningún tipo de propaganda política nas nosas actividades. Por o que último anónimo non sabemos se alguén debería facer algo nas cuestións que tú planteas, desde logo nin somos nos nin este é o sitio, o sea, que agradecemos a túa intervención pero deberás buscar outro sitio no que podan aclarar as túas dúbidas.

fan do irrio dijo...

Eu comparto o que di natalia e o que antes dixo altazor en liñas xerais, pero é máis, quero engadir otras reflexións máis:
1ª: para min os fachós non foron un auténtico caos se non un rotundo éxito de participación e repercusión mediática. En todo caso, para gustos colores, e a asociación o irrio non ten nada que ver cos fachós.
2º como xa apuntou outra xente en opinións anteriores, os (pódelos considerarar escasos ou cuasi-inexistentes se queres) actos culturais e/ou lúdicos que se organizan no Castro (polo concello) soen ter unha repercusión cercana a cero (altazor pon dous exemplos). Os actos que organizan as asociacións moitas veces tamén (un exemplo é o ciclo de cine que organizan os de xastreu ós que acuden só os da asociación) e esto seino porque dúas personas de xastreu o falaron conmigo. non me digades que todo ocurre por falta de cartéis, porque "habelos hailos" que eu ben os vexo.
3º As persoas que se queixaron do do entroido déixanme, cando menos abraiado: entran para participar por primeira vez neste blog queixándose de que o concello non organizou o entroido ¿qué ten que ver este blog e a asociación que hai detrás co concello? Pero o pior: A ASOCIACIÓN "O IRRIO" LEVA SEIS ANOS ORGANIZANDO DISTINTOS EVENTOS PARA OS RAPACES QUE QUIXERON PARTICIPAR: DOUS TALLERES DE MONICREQUES QUE DEU ENCARNA, UN TALLER DE "COUSAS VARIAS" QUE DEU JUAN L., UN TALLER DE CREACIÓN LITERARIA QUE DEU ENCARNA E... EN ABSOLUTAMENTE TODAS AS EDICIÓNS DO SEU "ACTO ESTRELA", O PONTE LOUCO, ORGANIZADO POR TETI E ENCARNA VARIOS ANOS E NO QUE COLABOROU MOITA MÁIS XENTE (PÓDOME ESQUECER DE ALGUÉN): SUSANA DA PESCADERÍA, BETI, SOLE, ANA ROSA, LOLA, CASI, BELÉN, ETC..., COMO DIGO: EN TODAS AS EDICIÓNS DO PONTE LOUCO HAI SEMPRE XOGOS PARA NENOS E TEATRO PARA ELES. POIS, QUERIDOS LECTORES, EN TODO ISTE TEMPO SO HOUBO UN PAPÁ QUE LLE DERA AS GRACIAS A ESTA ASOCIACIÓN POLO TRABALLO QUE FAN E POR "QUERER" TANTO OS SEUS FILLOS. ENTRAMOS AQUÍ A QUEIXARNOS DE ALGO QUE NON DEPENDE DO IRRIO, PERO NON TEMOS NIN A DEFERENCIA DE AGRADECERLLE O MOITO QUE LEVAN FEITO POLOS NOSOS CATIVOS. ¿A ASOCIACIÓN O IRRIO NON QUERE ÓS NENOS? SE EU FOSE NAI/PAI DENDE LOGO XA LLO TERÍA DITO, NON O SON, PERO DE TÓDOLOS XEITOS: A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE O PONTE LOUCO, A FLOWER, OS TALLERES, AS ANDAINAS: NORABOA CON MAÍSCULAS BEN GRANDES, MOITA XENTE DO POBO DEBERÍA APRENDER DE VÓS, DAS VOSAS GAÑAS DE TRABALLAR E FACER COUSAS. OLE, OLE E OLE. A OUTRAS ASOCIACIÓNS E Ó PUB RUBIO QUE ÚLTIMAMENTE NOS BRINDA A OPORTUNIDADE DE ESCOITAR CONCERTOS E TEATRO: OLE TAMÉN E NORABOA.
Es de bien nacidos ser agradecidos.

super nany dijo...

La psicología actual defiende que los niños y los grandes tienen que hacer las cosas porque sí, porque les gustan: tanto refuerzo positivo mirad adónde nos ha llevado... He consultado varias enciclopedias y en ninguna consta que el carnaval consista en que un ayuntamiento regale patatas fritas y refrescos: ni en tenerife, ni en Cádiz, ni en Venecia, ni en Laza, ni en Vilariño... En breve dedicaré uno demis programas en la cuatro a tratar todos estos temas

aurora dijo...

Hola a todos. Me he quedado flipada con las conclusiones que se infieren de mi comentario por algunos, así que antes de quedar definitivamente como una madre de culo apoltronado en busca de la patata frita subvencionada, haré un último intento.
En primer lugar, de acuerdo total con Natalia, de donde no hay, no se puede sacar; no pretendamos un carnaval que nunca existió.
De acuerdo también con los anónimos variados: el carnaval consiste en disfrazarse y pasarlo bien, y de acuerdo también con Altazor: quizá a veces esperamos cosas que podríamos conseguir por nosotros mismos con un poco más de ganas por nuestra parte. Ni yo, ni creo que nadie, discutiría nada de esto.
Ahora, ¿es dificil organizar cualquier chorrada para los niños como se ha hecho otros años? Recuerdo días en la plaza con la actuación estelar de la burrita Lucy y su carrito (de Javier Notario), o el año pasado que el Concello contrató a un grupo de animadores en el castillo y estuvo la mar de bien, con varias comparsas de padres incluídos. No creo que esté muy equivocada por pensar esto, y os aseguro que el pensamiento general de los padres que este año nos juntamos en el Rubio era éste.
Lo que sí me gustaría aclararle a "Fan do Irrio", que ve en mi entrada anterior una queja al Concello desubicada, es que sé perfectamente qué y quienes son la Asociación O Irrio, y que, como bien sabe Altazor, sigo sus andanzas con cierta regularidad, que a mi juicio, es también una forma de participar.
Aunque siempre nos queda la opción de irnos todos al centro comercial.

fan do irrio dijo...

Aurora: que conste que eu en ningún momento te califiquei de "nai que busca a pataca frita subvencionada" (expresión moi boa por outra banda); o de ´si é difícil ou non organizar algo no Castro... ¿pregúntasllo a asociación ou é unha pregunta retórica dirixida ós responsables do concello? (eu infiro o segundo). Si na miña deducción non vou desencamiñado, sigo decindo o mesmo que na miña anterior mensaxe: ¿por qué vos queixades no blog dunha asociación que SÍ fai cousas polo pobo e polos vosos cativos? Eu non vou entrar a valorar si o que pedides (ó concello, sigo inferindo) ten razón de ser ou non; a miña reflexión era: si entrades no blog do Irrio por qué non o facedes nunca para agradecerlles o que organizan (xa sei que tu vívelo de cerca porque tes amistades nesa asociación), por qué a primeira opinión que leo túa e de outras nais é para queixarse de algo que, POLO VISTO E POLO QUE TI MESMA DIS, depende DO CONCELLO??? Non pretendía , nin moito menos, ofenderte coa miña opinión (que, por outro lado non personalizo nin dirixo únicamente a ti senon a varios pais/nais que fixeron aquí comentarios semellantes) é recálcoche que sigue sendo a mesma: creo que a queixa que lanzas sí está desubicada, pero nada máis que eso, non te ofendas.

Anónimo dijo...

O título de post é "NO CASTRO AÍNDA QUEDA ENTROIDO".Eu non vexo mais que opinións, e ningunha me parece desubicada.

fan do irrio dijo...

Imos tentar reconstruir os feitos (en plan C.S.I. Caldelas).
1.-Todo comezou por unha entrada diste blog titulada: “ O entroido: os compadres e as comadres”. Nesa entrada, e resumindo moito, víñase a dicir que o entroido no Castro estaba moribundo por non dicir morto xa. Parece ser que a autora de tal “reportaxe” leva tempo sin vir polo pobo nesas datas e dicía que non podía falar con total seguridade de que realmente a morte se producise xa.
2.- Unha nai e, polo visto, amiga ou coñecida da autora de dita entrada escribiu textualmente: “Al ver las fotos de los compadres de Manzaneda me entró un poco de rabia, porque en el Colegio del Castro Tambien celebramos la fiesta de los compadres y de las comadres. Por ello te mando unas fotos de los de este año. Te las mando al correo festival ponte louco.
Recordando "nuestros años de compadres y de comadres" los de ahora son descafeinados, Pero es lo queda vivo de los carnavales de Castro Caldelas.Y los que estamos aqui debemos procurar mantener viva esta tradición.”
3.- Ós días, altazor/autora, decidiu facer outra entrada coas fotos que esta nai mandara, e, como homenaxe os poucos (polo que se conta) interesados en que dita festa continúe, ou como homenaxe ós nenos (altazor explicouse xa), esta entrada titulábase: NO CASTRO AÍNDA QUEDA ENTROIDO. Si se lee a primeira entrada, a mensaxe da nai e o contido desta segunda entrada penso que queda clara a intención que eu captei: ben polos que seguen a facer algo (eu chamaríalle mente positiva)
4.- Esta segunda entrada deu lugar á participación de outras nais que negaban a existencia do entroido en Caldelas argumentando para elo que os compadres e comadres só se facían no colexio e que o concello non organizara nada para os nenos, que foran os do pub Rubio os únicos que se acordaran deles. É máis, unha nai dixo algo como “gracias a Jorge, Iago e Noelia por querer ós nenos” (si eu fose dos do Irrio que organizan cousas para os nenos estaríame tirando dos pelos). E digo eu ¿o que manifesta esa primeira nai non é exactamente o mesmo que se dicía nas dúas entradas de altazor?.
5.- Membros da asociación entraron a aclarar os seus pareceres dunha forma amistosa, pois de feito, polo que se ve e lee, teñen amistade ou coñecen a estas mamás que se fixeron eco do malestar doutras. O único que algún membro da asociación dixo, en concreto Natalia, foi: “Vamos facer outra reflexión:
Este é un blog que fala das actividades que propón unha asociación "O Irrio", e particularmente, do Ponte Louco.
Vamos facer outra reflexión, ningún dos que organizamos o Ponte Louco vivimos da política.
E vamos facer outra reflexión, neste blog pode falar todo o mundo, pero non hai cabida para tratar temas políticos, porque a nosa asociación non defende ningunha ideoloxía nin se fai ningún tipo de propaganda política nas nosas actividades. Por o que último anónimo non sabemos se alguén debería facer algo nas cuestións que tú planteas, desde logo nin somos nos nin este é o sitio, o sea, que agradecemos a túa intervención pero deberás buscar outro sitio no que podan aclarar as túas dúbidas.
6.- Eu, como admirador absoluto do que esta e outras asociacións fan, din o meu parecer no que criticaba que se confundira este blog co buzón de queixas do concello (algo que Natalia xa dixera antes) e engadín que me parecía alucinante (e SÍGUEMO PARECENDO) que alguén se meta no blog dunha asociación a “botarlle en cara que non hai entroido” como si O Irrio fose responsable, como si O Irrio pensasa algo totalmente oposto (léase, por Deus, a primeira entrada o respecto) e como si o Irrio fose a concellalía de cultura do noso pobo (a isto chamaríalle pensamento negativo). Dixen tamén, que me sorprendía non ter lido máis que unha soa entrada dun papá ( e acábome de reler o blog enteiro) dando as gracias por algo do que estes rapaces e rapazas fan (isto paréceme desagradecemento e mente negativa tamén)
7.- Por todo isto, e como conclusión última e última opinión miña ó respecto, sigo pensando QUE SÍ HAI COMENTARIOS FORA DO LUGAR: QUE A QUÉ VEN QUE NESTE BLOG DO IRRIO SE BOTE EN CARA QUE NO CASTRO O CONCELLO NON ORGANIZOU NADA PARA OS CATIVOS, QUE SI LEDES E RELEDES AS DÚAS ENTRADAS SOBRE O ENTROIDO “ALTAZOR” VEN A DICIR O MESMO CA VÓS, só unha diferencia que aclarou dispois: pensa que a culpa é nosa, non só dos demáis. Así que, último anónimo, sí, sí e sí, para min hai cousas fora de lugar aquí: aínda non lin ningún agradecemento pola andaina que organizan para semana santa e á que quizáis asista algún dos vosos cativos/as.
A veces a xente que traballa necesita unha palabra de alento. A miña tédela, agora e sempre (espero).

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Virgen Santísima de los Remedios, madre mía inmaculada, etc... Estamos en Cuaresma, haxa paz, pensemos na próxima proposta: ANDAINA POR CALDELAS, merece a pena.

Anónimo dijo...

Cando eu era pequeno e solía andar cos meus amigos de troula por ahí o que menos me interesaba e que os meus pais me andiveran organizando a vida. Procurabamos ir de merendolas e xogar por ahí e canto menos se meteran os meus pais nos nosos xogos e aventuras moito mellor. Todos os da pandilla saímos bastante normales (dentro da normalidade propia de cada un). Os rapaces teñen que aprender a facer as cousas de seu e non que lle den todo feito( eu tento que no caso dos meus sexa así). Estou de acordo con que se poden facer actividades e cousas para mellorar o seu desenrolo persoal, pero tamén é importante que cando se fai algo participen.
Tamén penso que vos equivocastes o tentar atacar neste blog,de unha asociación cultural, a un organismo público e o que máis claro me quedou e que sí dades a impresión de se nais de "culo apoltronado" e que o mellor sitio para para que os meus fillos o pasen ben non é un centro comercial. Prefiro mil veces que o fagan na praza do Prado inda que só sexa xugando ó pilla.
Eu si que vos dou as gracias, o mellor algo tarde, pero sí que penso que merece moito a pena o que facedes e teño en conta que non vivides de eso nin é o voso negocio.Gracias por todo de novo.
Un pai.