Se vou a pasear ó parque do príncipe atópome con estes arbustos en flor...
Pero seguindo co paseo doume conta de que non, de que aquilo que tanto se empeñaron en recalcarnos os nosos mestres (o inverno comenza o 21 de decembro e remata o 21 de marzo) algo de razón tiña. Coas frores e as follas explosionantes de cores mistúranse árbores como as de abaixo, que me encantan porque son, sin querelo, árbores de nadal casi perpetuos (tamén agradecería que alguén me dixera o nome). Están desnudos, non teñen nin un só brote, pero das súas polas colgan decenas de boliñas.