jueves, 24 de enero de 2008

¿CANTOS DÍAS FALTABAN PARA O COMENZO DO PONTE LOUCO?


Si vos fixades na enquisa da parte dereita, quedan 191 para votar, polo tanto 191 días para o Ponte Louco 2008.
¿Qué pensaríades se vos digo que estades enganados? ¿Qué sería de vós si vos digo que faltarán sobre uns 50 ou 60 días? ¿Tolearía? ¿Será outra coña mariñeira?
Como diría Maira (Gómez Kemp): "hasta aquí puedo leer"

ATENCIÓN OKUPAS DE ALZAPERNAS: O WOMAD CORRE PERIGRO



Xa sei que todos os anos hai rumore, xa sei que ata último momento non se saben os grupos que van vir, pero xúrovos que o WOMAD CÁCERES 2008 pinta moi mal. A todos vós que invadides habitualmente "mi humilde morada" (eu encantadísima) no mes de maio ("cuando hace la calor", como di o romance), repito: a todos vós dígovos que fagades algo. Parece ser que hoxe había unha manifestación na praza maior, pero non puiden asistir porque ando metidas nunhas xornadas literarias no traballo (xa vos contarei: TEÑO CONTACTOS EN RADIO 3 PARA O PONTELOUCO, non podo decir máis).
Parece ser que hai desencontros entre o Consorcio Gran Teatro (de Cáceres) e a organización Womad en España e Portugal. Polo pouco que sei (contoumo a escritora e periodista radiofónica Lara López que foi quen estivo hoxe no instituto) o problema de fondo é unha guerra de "egos". Polo ben de Cáceres e polo noso propio espero que o problema se solucione pronto e favorablemente porque sería unha gran perda para esta fermosísima cidade. Se ainda non estuvéstedes nunca, eu recoméndovolo porque o ambientazo e o marco son incomparables..., por algo Cáceres é Patrimonio da Humanidade. Disfrutade, de momento da foto do noso querido Gecko Turner tocando no 2006 na praza de San Jorge, e co colorido da clausura na mespa praza e coa igrexa de San Francisco de fondo.