lunes, 13 de agosto de 2007

RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 1


Se bebes, NIN SE CHE OCURRA COLLER O COCHE. Fai coma o da foto que botou unha cabezadiña e logo foise tan fresco. No pobo tes locais onde ir despois do festival, bancos fermosos para durmir a sesta, etc... incluso a zona de acampada está cerquiña, só dous Km de estupendo e refrescante paseo. Dámosche esta recomendación polo teu ben e porque non nos gustataria que un dia de festa se vise empañado por ningún mal rollo.

LEMBRA: COLLER O COCHE CON ALCOHOL NO CORPO "É TONTERIA"

OS IMPRESCINDIBLES VIII: NOMEALOS A TODOS SERIA IMPOSIBLE






Xa sabedes que hai moitos mais imprescindibles, pero facer unha entrada para cada un de vós resultarianos imposible a estas alturas. Toda a xente que nomeamos dende a primeira entrada é necesaria para que a máquina funcione, sen eles o festival non sería posible: Pepa, Tata, Miguel, Barril, Pedro, Juanqui, Eladio, Belén, Casi, Lola, Fer, Almudena, Dori, Alfonso, Sole, Ana Rosa, Anabel, Almudena Lage, Car, Bruno, José luis,… Perdoade se esquecemos algún nome. Nas fotos podedes ver a algúns deles, pero hai moitos mais!!!!!!!!!

OS IMPRESCINDIBLES VII: OS AUSENTES (Lois, Fer, Almudena)



Repasando as fotos doutros Ponteloucos vin esta de Lois e deume morriña. Lois tamén é imprescindible, axudaba cando estaba aquí. Pegaba carteis, acompañaba ás charangas nos pasarrúas e foi o encargado nos últimos anos de facer de relacións públicas cos artistas e mirar porque estes non pasaran fame e sede. Agora Lois traballa en Vietnam e non pudo quedar ó festival. Ímolo botar de menos, pero tomaremos unha copa á sua saude. Un bico moi grande.

Tamén nos da moita pena que Fer e Almudena non podan acompañarnos, eles son os mellores vendedores de camisetas da historia da humanidade. Un bicazo enorme tamén para eles e tamén tomaremos algo á vosa saude (ainda que acabemos arrastrados).

OS IMPRESCINDIBLES VI : TETI E ENCARNA (sobre todo para os cativos)


Estas duas rapazas que vedes na foto tamén son imprescindibles para o festival. Ostentaron durante un tempo o título de "chicas para todo" e pouco a pouco fóronse especializando en camisetas, pegadas de carteis e, sobre todo, nos xogos para os nenos (ainda que despois, pola noite, tamén lles toca poñer copas). De tódolos xeitos, elas solas non poderian facer nada se non recibisen algunhas axudiñas de outros pontelouquistas e da xente da brigada do concello (Servando, Camilo, etc...) , por tanto, todos eles teñen que entrar no saco. Iste ano, como estamos menos para traballar no bar, elas terán que ceder o testigo nos xogos, pero seguirán resultando IMPRESCINDIBLES.