
A pasada fin de semana estivemos pola Limia para coñecer o Mosteiro do Bo Xesús en Trandeiras.

Está situado no pobo de Trandeiras, moi perto da Torre da Pena.

O seu estado de conservación é moi malo, a excapción da igrexa, o que fai que xunto co de San Paio, sexan os dous mosteiros ourensáns
na lista roxa. Ademais se entredades nese link podedes ver datos historicos sobre a construción.

Eu foi un lugar que descubrin gracias ao Panoramio (onde podedes ver
máis fotos), pero a sorpresa ao vistalo foi grande xa que só vira fotos dun claustro, e como podedes ver é unha edificación grade. Por último dicir que está rodeada dunha carballeira moi ben arreglada.