jueves, 18 de septiembre de 2008

REPEKUSION 08



Programa de Reperkusión'08


Venres 19 de Setembro:

ESPAZO DE DÍA:

Praza de Abaixo 18:00.- Jamm de Malabares. 19:30.- Espectáculo de Gorra: DJ Capuzzi & Señorita X. 20:30.- Espectáculo de Gorra: Trasno. 21:00.- Espectáculo de Gorra: Circo Express (na Alameda).

ESPAZO DE NOITE: Campo de Vilanova 21:30.- Apertura de portas. 22:30.- Tonino Carotone & Arpioni 00:30.- Los Delinqüentes 02:15.- O Sonoro Maxín 04:00.- John Acquaviva 06:00.- Troy Pierce 08:15.- Dj Yayo


Sábado 20 de Setembro:

ESPAZO DE DÍA: Praza de Abaixo 13:00.- Espectáculo de Gorra: DJ Capuzzi & Señorita X. 19:00.- Espectáculo de Gorra: Isla. 20:30.- Espectáculo de Gorra: Camilo Clown. 21:30.- Espectáculo de Gorra: Cabaret Renegade.

ESPAZO DE DÍA: Praia de Acearrica 12:00.- Obradoiros. · Malabares. · Percusión Africana . 14:00.- Eiquinos Jazz Quartet 16:30.- Munduko Beat 17:30.- Circo Express. 18:30.- Iratxo 20:00.- Bodega Bodega

ESPAZO DE NOITE: Campo de Vilanova 21:30.- Apertura de portas. 22:45.- La Troba Kung-Fú 00:30.- Roy Paci & Aretuska 02:15.- The Pinker Tones 04:00.- 2manydjs 06:15.- Valentino Kanzyani 08:30.- John Axiom


Domingo 21 de Setembro:

ESPAZO DE DÍA: Praza de Abaixo 13:00.- Obradoiro de creación de titeres para nenos e nenas: Teatro Babaluva . 19:00.- Espectáculo de Gorra: Camilo Clown. 20:00.- Espectáculo de Gorra: Isla. 21:00.- Espectáculo de Gorra: Dj capuzzi & Señorita X.

ESPAZO DE DÍA: Praia de Acearrica

12:00.- Obradoiros.· Malabares · Percusión Africana. 14:00.- Miñor Swing 15:30.- Pista 5 (Olimpiada de Malabares) 18:00.- Circo Express. 18:30.- Vichelocrego 20:00.- Phantom Club 21:30.- Sacha na Horta 23:00.- Modulok 3 01:00.- Sesión MP3 (ata que remate)

¡VOLVENDO A CRUDA REALIDADE!

Despois de tantos días de vacacións, despois dos Remedios, a volta o traballo faise moi costa arriba. Pero bueno, todo ten a súa parte positiva, pronto virá e feira da carne, os magostos, Navidades, fachós.... e cada vez queda un pouco menos para os próximos Remedios.

Por iso a todas os que xa levades unhos días traballando decirvos, que non desesperedes que pronto nos volvermos a ver nas festas (mal que lles pese a algúns por ahí).
E por certo acordádevos de deixar algunha mensaxe para os que seguimos aquí "dandolo todo" no blog, porque as entradas son miles (pensei que nunca diría esto), pero temos que seguir medrando, sobre todo porque o PONTE LOUCO o merece e todos vos tamén.

Sendeiros e Camiños

Esta semana atopamos un libro interesante de sendeirismo por Galicia que leva por título Sendero y Caminos.

O libro recolle 35 rotas circulares de entre 15-20km cada unha. Aínda que en moitos dos casos nos lugares polos que transcorren hai rotas marcadas, describe outras opcións moi detalladamente.

Está dividido en 10 zonas: Baixo Miño, Lebreiro, Courel, ... e San Mamede e Ribeira Sacra, as máis próximas.
No San Mamede describe dúas rotas: a primeira, de 18 km, sae de Gabín cara Fontedoso e chega ata a capela do santo. Parte de esta vai polo camiños polos que fixemos nos a rota. A outra iníciase en Santa Cruz de Queixa, sube á beira do río ata a ferrería, onde se desvía cara o Teixedo, e dende alí volta polo alto das cancelas. De facer parte desta xa tiña idea, aínda que o que eu pensara era facer o camiño todo a beira do Río da Queixa ata a Edreia.

A única rota que fai deste lado do río pola Ribeira Sacra é pola Teixeira e parte do Castro sae de Boazo, pasa por Pigüeiros, dende onde baixa a Santa Tegra, cruza o Río dos Vaos, e tras atravesar ese universo chamado Lumeares (outros din que é un holding) vai ata o Fontao e colle esa pista que vai pola ribeira ata Cristosende, donde sube plas viñas ata Xirás para voltar a Boazo.

Agora xa temos algunha idea máis para seguir co sendeirismo poa zona.