
Fai máis de dez anos tiven a sorte de ver unha exposíción da que quedei prendada. O autor daqueles coloristas e oníricos lenzos que me deixaron prendada era un tal
Leandro. A sorte quixo que fai pouco me poidera "reatopar" con este magnífico pintor e poidera ter acceso á obra que realizou nos últimos anos.

Como podedes ver pola imaxe de arriba, Leandro tamén se está dedicando á ilustración de contos, e precisamente este estivo seleccionado este ano para a bienal de ilustración de Bratislava.

Recoméndovos que entredes no seu
blog e tamén nesta outra
páxina onde poderedes disfrutar de moitos dos seus cuadros. Polo menos mentras non teñamos sol de verdade poderemos cargar pilas coas cores da pintura de Leandro.