
A revista Cerna (da asociación ecoloxista ADEGA) no numero do mes de xullo fai unha reportaxe sobre o bidueiral de Montederramo firmando por Ransés Pérez. O artigo, a parte de descubrir a diversidade de flora que hai no bidueiral, dalle unha especial importancia a fauna existente e como o lobo está integrado no medio. Unha cousa da que fala e que me parece especialmente importante é a diversidade de paisaxes que as estacións producen, e que denomina "os catro bidueirais".
Por outra banda, hai que sinalar que lle adica un longo espazo a figura de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome, que a pesar de ser de ser natural de Soutelo (Esgos), cometeu os asasinatos estando en Rebordechao (Vilar de Barrio), unha aldea nas ladeiras do San Mamede. Foi o único home lobo condeado como tal do que recentemente se fixo unha pelicula da que non escoitei moi boas críticas.


