lunes, 18 de febrero de 2008

Andaina por Caldelas II


A pasada fin de semana estiven falando cos de Lumeares para ver como facíamos con ámbalas rotas que temos pensado facer. Despois de barallar varias opcións o que decidimos foi a que nos propuxeramos queda para o venres 21 de marzo, venres santo, e a que organizan a asociación de Lumeares queda (en principio) para o sábado 17 de maio, día das letras galegas, sen unha rota determinada (seguiremos informando). Entón parece que a rota pola que nos decidimos é a seguinte: O Castro, Camba, Fonte de Piñeira, Piñeira (aldea), O Burgo, Vía Nova, Vilamaior, A veiga (os petroglifos), Casares, Casasoá, Basteiros, Piscina, Os muíños e finalmente O Castro. Despois, como xa explicaramos imos comer á carballeira da Devesa, cada quen o que crea conveniente. Son aproximadamente 15,6 Km. de un nivel medio-baixo (só é de dificultade mencionable a subida dos canellos pola que chegaremos ó Castro).




Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com



Seguiremos informando.