viernes, 31 de agosto de 2007
CLAUSURA DEL TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
jueves, 30 de agosto de 2007
MIL PERDÓNS ÓS ARTESÁNS.
miércoles, 29 de agosto de 2007
RESULTADO DA ENQUISA
- Banda Potemkim: 4 votos (17%)
- Cuchufellos: 12 votos (52%)
- Os Tres Trebóns: 2 votos (8%)
- Fabulosos Cubatas 5 votos (21%)
OS IMPRESCINDIBLES 2007: AS SUPERLOUQUEIRAS
domingo, 26 de agosto de 2007
TALLER DE ESCRITURA
Después de la resaca del Ponte Louco, y mientras preparamos las fotos y las noticias para ponerlas en el blog, la Asociación Cultural-Xuvenil O IRRIO sigue con su programa de actividades veraniegas y mañana comienza su taller de escritura. La actividad se lleva a cabo en colaboración con la Fundación Comarcal Terras de Caldelas. Se desarrollará de lunes a viernes de 11h00 a 12h30 en los locales de dicha fundación. La actividad se dirige a niños y adolescentes. Si todavía no te habías enterado, aún estás a tiempo de participar, pásate el lunes 27 de agosto por la Fundación e inscríbete.
martes, 21 de agosto de 2007
PONTE LOUCO 08
Como o PL 07 deixounos esgotados xa iremos colgando con tempo as fotos (por certo todo o que teña fotos agrdecémoslle que nolas envíe), videos, impresións...
Unha última cousa, como xa sabedes a camiseta oficial sempre leva un debuxo, e estánsenos a acabar as ideas... así que propoñemos un concurso, todo aquel que se lle ocorra algo que o diga e xa o iremos expoñendo para que opinedes, recordade que é recomendable que sexa nunha soa cor.
Saúdos
jueves, 16 de agosto de 2007
ZONA DE ACAMPADA: AREA RECREATIVA PONTE DAS TABOAS
A area recreativa Ponte das Taboas está a dous quilómetros do Castro dirección Trives (c-536). Nesa dirección atoparedes un cruce a esquerda e xa vedes a piscina. Se vides da zona de Trives ó Castro, teredes o cruce a dereita. En ambolos dous casos haberá indicacións de PISCINA (tamén un cartel que pon MAZAIRA e A MOÁ). No medio dopobo poremos ourtra indicación, xusto ó lado do cartel de A-76 POR OURENSE.
Infórmovos de que non se pode acampar na zona mais cercana ó rio por se houbera inundacións (cousa pouco probable, pero toda precaución é pouca). De tódolos xeitos esa zona estará delimitada con cinta e carteis. respetadeos porque se non poden vir os do SEPRONA e multarvos (os de cerceda creo que saben de que falo). Tedes duchas de auga fría que vos virán moi ben para o domingo pola mañá, e este ano as portas dos lavabos quedarán abertas toda a noite para maior comodidade.
Por favor COIDADE A ZONA. É un area que utiliza moita xente e non ten por que atopar desperdizos ou vasos rotos.
XA NON FALTA NAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAADA, SÓ DOUS DIAS.
martes, 14 de agosto de 2007
RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 3: Información meteorolóxica
- Probabilidade de precipitación 5% (e que por curarse en saúde case nunca poñen "0")
- Temperaturas máxima e mínima 25-9 Cº (vinde abrigados ou dispostos a non para en toda a noite)
- Dirección do vento S-E, velocidade 7 Km/h
RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 2
Pregón do Ponte Louco
Antes de agradecerlle a Xurxo, hai que facelo a Roberto dos Cuchufellos (e aos Cuchufellos en xeral por converterse no grupo oficial do festival), que se prestou a falar con el para pedirllo.
Xurxo Souto xa tivo ocasión de actuar no Ponte Louco 2005, e a verdade foi unha das maiores sorpresas para nós, non esperabamos que unha persoa de tanto renome fora tan agradecida.
Programa
A partir das 12:00
Feira de artesanía (recordade que ese día hai tamén a feira quincenal no pobo)
A partir das 17:00 Xogos para nenos
mago-malabar Xacobe
Teatro: Trécola Teatro presentanos Nola e Albe
A partir das 21:30 Charanga Os Veraneantes
Concerto (22:30)
Pregón.
Os tres trebóns e o Vendaval do rosal
Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers
Cuchufellos
Banda Potenkin
Recorda: O Ponte Louco é un festival que se autofinancia, senon mercades a camiseta, consumides no bar... non se lles pode pagar os artistas
lunes, 13 de agosto de 2007
RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 1
OS IMPRESCINDIBLES VIII: NOMEALOS A TODOS SERIA IMPOSIBLE
OS IMPRESCINDIBLES VII: OS AUSENTES (Lois, Fer, Almudena)
OS IMPRESCINDIBLES VI : TETI E ENCARNA (sobre todo para os cativos)
miércoles, 1 de agosto de 2007
Programa do Ponte Louco 07
Programa
A partir das 12:00
Feira de artesanía (recordade que ese día hai tamén a feira quincenal no pobo)
A partir das 17:00
Xogos para nenos
mago-malabar Xacobe
Teatro: Trécola Teatro presentanos Nola e Albe
A partir das 21:30
Charanga Os Veraneantes
Concerto (22:30)
Os tres trebóns e o Vendaval do rosal
Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers
Cuchufellos
Banda Potenkin
Recorda: O Ponte Louco é un festival que se autofinancia, senon mercades a camiseta, consumides no bar... non se lles pode pagar os artistas
Campionato de tute
Foto dos campiós (Cuchú e David) posando ante o premio. Nada máis rematar a partida, os campións en declarións a este medio dixeron que "yuhuuuu".
Panorámica da reñida final...
... e do bo ambiente que había no bar.