martes, 22 de enero de 2008

GAÑADORA DO CONCURSO DE CAMISETAS: A ENTREVISTA, POR FIN!!!!!


AINDA QUE TIÑA ÓRDENES EXPRESAS DE NON PUBLICAR ESTO ATA MAÑÁ, NON ME PUIDEN RESISTIR. ISO SÍ, A GAÑADORA, DE MOMENTO, SO QUERE APARECER NESTA "AFOTO" DE PERFIL. MAÑÁN DESCUBRIREDES QUEN É.

Estamos aquí ca gañadora (eso xa o podemos adiantar ) do concurso de diseño da camiseta do PONTE LOUCO’08.
-¿Cómo te atopas tras haber sido a gañadora do premio?
-Pois a verdade é que no no podo crer. Estou tan entusiasmada que non caibo en min de gozo.
_¿Cómo se che ocurriron, non unha, senon dùas ideas para a camiseta do gran festival de Castro Caldelas?
- Se che digo a verdade, levo coméndome a cabeza ( e moitas outras cousas que non vou contar aquí) dende fai máis ou menos medio ano. Despois de comerme a cabeza medio ano, decidín plagiar ideas directamente, non hai nada mellor que copiar cousas para rematar o antes posible, e non ter que estar facendo o tonto durante todo ese tempo pensando nun debuxo.
-Mira, ¿e con quen pensas facer esa viaxe maravilloso de sete días, con todos os gastos pagos?
-É algo que inda está por ver, o que si teño pensado moito, máis que na viaxe, é en ese licor, ese viño esos queixos da terra que tan ben me van saber...pero o da viaxe inda non o teño moi claro, ata aquelas xa decidiréi con quen me vou, xa se sabe, “la juventud er loca” e hoxe estás con un e mañá con outro…
-E o da barra libre, ¿qué che parece?
-Unha idea máis que estupenda, vou estar toda a noite o lado da barra (rodeada dos camareros “estupendos” do Ponte Louco) sin parar de beber. Estou pensando en que me enchufen unha goma directamente do barril de cervexa a garganta (tipo traqueotomía) para non andar a perder o tempo. Pero bueno eso o terei que falar ca organización porque igual, o estar tan preto da barra toda a noite, resúltalles unha molestia.

-Bueno pois moitas gracias por concedernos esta entrevista para o blog do PONTE LOUCO.
-Gracias a vos, e queríalle agradecer de todo corazón a organización o gran traballo que están a facer, e o gran desembolso feito para que eu poda disfrutar de este gran premio, que vamos é que case non se pode creer.