Esta fin de semana, aproveitando os festivos, funme toda contenta para o Castro coa sinceira ilusión de poder atopar algún chouparro, ainda que todo o mundo me dixera que non había nin un. Ó chegar atopeime coa cruda realidade: efectivamente, a falta de choiva impediu que o meu sono se cumplise. Tereime que conformar coas setas que atope por aquí (non quero darvos envexa, pero xa comín boletus dous días e lepiotas un).
De tódolos xeitos a fin de semana non resultou frustrante, non, nin moito menos, eso nunca pasa no Castro. Ó final organizamos un magosto e... ¡Ai, que castañas máis ricas...! Comemos chourizos, bebimos viño (vello, eso sí) e fartámonos de castañas que estaban boísimas. Celebramos o magosto na torre do reloxo do castelo. A verdade é que somos uns privilexiados de poder facer estas celebracións nun espazo tan fermoso.
Esto non foi o único bon da fin de semana. Ademáis fixemos duas rutas "preciosísimas" e puidemos disfrutar das cores do outono mais fermosas do mundo. De estas dúas rutas quero falarvos con calma, así que reservo a información para dentro de dous días ou así (estou esperando a que me envíen as fotos).
Outra cousa boa da ponte foi que o sábado se celebrou a feira: día soleado, bastante xente, churros pola mañá, polbiño para xantar...
Cando cheguei a Cáceres, na miña rua había unha castañeira e eu... sentín moita morriña do meu pobo!!!!!!!!!