lunes, 30 de junio de 2008

CARLOS BLANCO E QUICO CADAVAL EN SAN PAIO


Nas vísperas do Ponte Luco teremos a gran oportunidade de ter a dous dos mellores contacontos galegos no Mosteiro de San Paio. Será os días 31 de Xullo e 1 de Agosto.
De momento non hai máis novas porque o tema parece que se está inda pechando, pero seguiremos a noticia e se queredes máis información achegadevos o blog de O Prado para coñecer os detalles.

lunes, 23 de junio de 2008

AS CACHARELAS DE SAN XOAN


No Castro non se celebra a noite de San Xoan, pero noutros moitos puntos de Galicia, sí. Esta é unha das miñas noites favoritas e aínda lembro con morriña o ben que o pasabamos en Santiago coa presión engadida de que tiñamos exames e non era convinte saír (poucas veces o respetamos). Ai aquelas sardiniñas asadas acompañadas de viño e pan de millo...

No 2000, creo recordar, tentamos instaurar a tradición no Castro e fixemos unha caharela en Trascastro, onde vivían Pais, Rois e Roberto. Non volveu repetirse, pero non estivo mal.

Espero que os que poidades disfrutedes desta noita máxica.

De tódolos xeitos, os que estades no Castro, poderedes ir mañá a Camba que tampouco está nada mal.

Felicidades ós Xoanes e Xoanas.

(A foto é de J. Pereira)

Rali Ourense

video

Esta passada din de semana foi o Rali de Ourense, e como podedes ver houbo algún que outro accidente. Eu estaba grabando a pasda dos coches e cando me aburrín e gardei a cámara xunto vai un e da a volta, menos maís que Javier da Abeleda e outra xente si o grabou, así que espero poder colgar o momento.

Acabo de ver o do accidente en Caldelaodecaldelas

¡Ah!, perdoade as mala imaxes por momentos.

jueves, 19 de junio de 2008

FORMULAVICTOR


O Víctor, que para aquel que non o coñeza é do medio, creou un blog, que como podedes ver está xa enlazado. De momento ten poucas etradas, pero por iso hai que deixarlle algunha mensaxe para que se anime.

miércoles, 18 de junio de 2008

martes, 17 de junio de 2008

OS DA TUNA XA COLLERON CARRERILLA


Pois sí, xa están vindo para a Castro, colleron carrerilla,e veñen con ganas.
So faltan unhos días de nada (menos de 50), así que como pontelouqueiros que sodes recomendo que estos días vaiades facendo estiramentos sobre todo das extremidades inferiores e superiores, facendo hincapé no xuego de tobillos e machacando os bíceps o máis que podades ( o dos bíceps polo tema barra). Tamén é importante traer preparado os da nuca (trapecio, esternocleidomastoideo...), xa que soportan unha gran presión durante todo o festival.
Por favor, seguide as recomendacións porque logo non queremos oir que estades cansos. Vide preparados e ben alimentados, unha dieta rica en proteínas e importantísima para facer frente o día dous de Agosto, e se creedes que é necesario tomar algún complemento vitamínico non dudedes en facelo. Maís vale excederse que quedarse cortos.
Ah! Esquecíame, é indispensable traer a camiseta do Festival, que este ano está feita dun material especial para expulsar a maior velocidade o suor e o seu tratamento antibacteriano proporciona unha grande sensación de frescor.Se non a tedes, apurade para mercala porque é un chollo de camiseta.

lunes, 16 de junio de 2008

Mais fotos do S Antón (Mentireiro) de Lumeares

O sábado celebrouse en Lumeares o San Antonio, e como poderedes ver houbo de todo.

Pola maña Houbo pasarrúas, eu como estaba tocando so puiden sacar fotos ós expontaneos que se animaban a tocar o bombo. Temos que pedir desculpas porque como estamos a principio de verán non dimos collido veno ritmo e non demos chegado a Soutelo (claro parando en todas as bodegas).

Ainda que pareza que o Cándido traia unha prea da ostia é que está repenicando as campás. Xa se sabe procesión, misa...


Despois do xantar popular houbo que se animou a bailar co bandullo cheo de pulpo, feito pola nai do Pío, moi rico por certo.

Todo moi ben organizado, este como podedes ver é o baño, co papel, a auga e a xente sentadiña, cada un o seu.



Houbo sorteo de lavadora portatil, o número agraciado según o Luis de Soutelo foi o "corenta e cinco mil, sete mil trecentos vinte e oito", despois de un momentos de incertidume comprobouse que o gañador foi o xastre de Santa Tecla. ( A ver se dou colgado un video estes días)


Houbo Gaiteiros, e como xa vistes con novo bombeiro.

Darlle a noraboa ós mozos de lumeares, porque gracias a eles é un
pobo vivo.

video

NOVO BOMBEIRO EN LUMEARES




Ricardo mándanos unha crónica do S. Antonio en Lumeares. Aquí vola deixo:
"Na festa-comida do San Antón en Lumeares tomou a alternativa un novo integrante (bombeiro) do Grupo de Gaitas "Airiños de Caldelas" o Sr. Alfredo da Portela (ex dos Tronadores de Santa Tegra), me parece que Juan Luis vai quedar no banquiño nas proximas actuacións do Grupo. Ahí vos vai a foto. Un saudo. Ricardo Rodicio."


domingo, 15 de junio de 2008

RUTA POR EL JERTE: LA GARGANTA DE LOS INFIERNOS


No todo van a ser penurias en este aciago final de curso, así que ayer nos fuimos de excursión al Valle del Jerte, al norte de Cáceres. No sólo íbamos pensando en las cerezas, que también, sino en repetir una ruta que ya habíamos hecho hacía tiempo y nos había dejado muy buen sabor de boca: LA GARGANTA DE LOS INFIERNOS (que como veis en las fotos se parece más bien al paraíso).
Todo pintaba maravilloso: día soleado pero no agobiante, poca gente, mucho ánimo y la mochila cargada de comida. Una de las cosas que nos anima a hacer excursiones es el bocadillo de paleta ibérica (¡A 49 euros el Kg, toma...!) que nos metemos entre pecho y espalda.
Esta vez no iba a ser menos, pero a mitad de la ruta nos damos cuenta de que... nos habíamos olvidado el pan. Bueno, el paisaje merececía la pena, así que decidimos seguir adelante y conformarnos con unas "bolachas" del Carrefour y unas galletas de manzana y té verde del Mercadona (VIVAN LAS MARCAS BLANCAS).
Os puedo asegurar que el paseo de 6 km merece la pena, si alguna vez venís por aquí tenéis que acercaros a ver esta maravilla. Si tenéis la suerte hacerlo en Junio podréis hincharos a cerezas como estamos haciendo nosotros y una excursión de Lugo que nos encontramos en Jerte (pueblo) y que iban hasta arriba de cajas de fruta.

Por cierto, las fotos no son mías (también me olvidé de la cámara), son de un tal Ángel González, así que gracias a él.

jueves, 12 de junio de 2008

LUMEARES, PERREA,PERREA


E parece ser que esta fin de semana, xa temos a primeira festiña do verán en LUMEARES.
Celebran O San Antonio ("o mentireiro", o que nin era santo,nin se chamaba Antonio nin era de Padua...)
Será unha comida pooular o sábado día 14, e estará amenizada polos Airiños de Caldelas. Alí a xente reunirase para papar de marabilla e logo supoñemos que perrearan un pouco, que o que se estila este ano, inda que non sei so os Airiños terán ese tema adaptado xa as gaitas.
Bueno, o caso e que xa temos aquí o verán e que gracias a estas festiñas xa van entrando gañas de pillar as vacacións pronto.
E xa sabedes
¡¡¡¡¡¡¡¡A PASALO BOMBA!!!!!!!!

miércoles, 11 de junio de 2008

FESTAS DE SANTA ISABEL

Foto Jorge Cacharrón

Para todos aqueles que andades na emigración, imosvos avisando que o fin de semana do cinco de Xullo en Caldelas retómase a festa de Santa Isabel, ¿qué quere decir isto? Pois que vamos ter outro fin de semana de festa co que non contabamos, por si tiñamos poucas...O sea que ide reservando o fin de semana para acercarvos o Castro.

martes, 10 de junio de 2008

AMPARANOIA: OURENSE 27 DE XUÑO




Pois sí, este ano no FAX FESTIVAL, que será ó derradeiro fin de semana de Xuño, actuará AMPARANOIA ca súa xira BYE,BYE TOUR'08 e SEGUIRÉ CAMINANDO. Se podedes aproveitade a ocasión, porque Amparanoia despídese, ata non sabemos cuando. Esperemos que non tarde moito en volver inda que en principio parece que vai ser un adiós bastante largo.

lunes, 9 de junio de 2008

Anda o tempo revolto


Imos aparecendo, algúns xa acabamos os exames, e aprobeitamos estes momentos de bo tempo para saír a tomar o aire. E claro como anda o tempo así, pois resulta que hai máis setas que no outono, e o outro día fomos pasear á boutureira onde hai tres rutiñas, que non son ningunha marabilla pero do que hai o redor de Ourense, a nós é do que máis nos gosta. E alí foi onde vimos estes enxendros.
Por certo xa superamos as 10.000 visitas, e hai pouco máis de cinco mese que puxemos o contador

jueves, 5 de junio de 2008

Non é que vos teñamos abandoados, pero é que algúns de nós andamos de exames (sexa dun lado ou doutro).
Fai uns días vinlle este dibuxo a unha alumna e leveime un soberano susto. Hoxe, buscando imaxes por internet, atopeino na rede. Alegreime de saber que a idea non saíra da súa cabeza, pero asústame pensar que hai moita xente que nesta época se sinte así.
Como diría a nosa amiga Soto: FOLGOS PARA TODOS!!!!!!!!