domingo, 14 de marzo de 2010

EXPOSICIÓN: HISTORIA DO LIBRO, O LIBRO NA ESCOLA.

Esta semana inaugúrase unha nova exposición no Centro Comarcal organizada por dito centro en colaboración coa Asociación O Irrio.
Na nova exposición poderedes ver unha pequena historia sobre a invención da escritura que realmente foi o que posibilitou que aparecesen os libros. Noutro apartado amósase información sobre o día do libro e sobre unha das obras máis importantes da literatura en lingua castelá: El Quijote. Temos tamén outra sección adicada a libros antiguos con algunhas curiosidades como unha obra editada en Seone de Argas a principios do século XIX e outro apartado de "curiosidades" con facsímiles de textos como As Cantigas de Amigo, El Camino, etc... Pero o groso da exposición céntrase no libro na escola con exemplares que van dende principios dó século XX ata agora e percorren todas as materias que dende entón se teñen estudiado: dende "labores del hogas" ata as máis modernas coma Tecnoloxía ou Informática.
Esperamos que vos guste e lembrámosvos que todos aqueles interesados en contribuir cos seus préstamos a dita exposición poden facelo sin problema. Desexamos que siga medrando.

martes, 9 de marzo de 2010

Novo Blog: cocina medicina



Nestes tempos de declive da blogosfera aparece no parorama caldelao un no blog. Os donos da Casa da Castiñeira fannos unha proposta: cocina medicina, que con ese nome tan gráfico pouco hai que explicar, simplemente animarvos a que vos acheguedes ao blog. Ademais como podedes ver tamén lle pegan a fotografía.