lunes, 11 de agosto de 2008

Festa en Santa Tegra

En primeiro lugar darlle a noraboa a Asociación "Cocas e Danzantes" por reinventar esta festa, e por seguir coa tradición destas festas.


O sábado a festa empezou coa Charanga Terras do Bibei. Seguimos os Airiños, e pechou a noite Ultraqäns. UN EXITO.


Antón, e demais compoñentes xa son uns vellos coñecidos porque tocaron no PL con Bundi, Banda potenkim e un par de veces cos Tres Trebóns.
Aínda que había xente que non o quería ver.

Andaba por alí o dobre (blanco) de M. A. Baracus


Houbo quen emulou ás cocas, que finalmente saíron ó día seguinte.


E do Cándido pouco hai que dicir que non se vexa na foto... que andaba por alí

Festas en Lumeares

Aviso para navegantes: só temos fotos da maxia, xa que viñemos dende Ourense exclusivamente para elo (porque pola noite tiñamos que estar abaixo), así que si alguén quere mandalas, xa sabe...
Como podedes ver a afluencia foi considerable para ver a estes dous "ases" (nunca mellor dito) da maxia.

Lograron asombrar os maiores...

... e ós máis novos.

A pesar de que algún voluntario lle fastidiou un par de truquiños, pero como me deron tres gominolas xa temos moito falado de traelos no Ponte Louco 09.

E o truco final: para flipar. Antes de empezar, no ensaio, fixeronmo a min, e dixen: ¡bueno! aquí é imposible que ma colen, e ¡tachán! apareceron os catro ases no sobre, quedei parvo.

E cando nos fumos quedaba todo preparado para a noite, ¿como acabarían?

Ah! colguei algún video no youtube