O día 1 de Decembro a noitiña a Asociación O Irrio organizará no Castelo o Magosto de este ano 2012.
O menú será o típico da festa: Chourizo con pan, Viño, Castañas e Bica. E estará amenizado polo grupo de gaitas Airños de Caldelas (como non podía ser de outra maneira).
O prezo é de 8 euros e podedes vir todos aqueles que queirades, so tedes que avisar canto antes os menbros da Asociación: Teti, Alejandro,Natalia ou Juan, e tamen vos podedes apuntar na tenda do Rubio onde a Pepita tomará nota e recollerá os cartos.
Esta pretende ser unha das primeiras iniciativas que tentaremos desenrolar o longo de este inverno ca idea de animar a participación en diversas actividades e ca intención de recaudar fondos para a realización do Festival Ponte Louco 2013.
Xa sabedes NON FALTEDES!!!!!
miércoles, 21 de noviembre de 2012
lunes, 13 de agosto de 2012
PASARUAS PONTELOUCO 2012
As pandereteiras de a Caniceira de Trives e os máis xa que coñecidos Airiños de Caldelas, serán os encargados do pasarúas previo os concertos. Asi que xa sabades entre o lusco e fusco e pouco antes da súbida o castelo achegadevos para ir quentando motores.
TROCA OS TEUS LIBROS NO PONTE LOUCO
O sábado na Feira de Artesanía teremos a oportunidade de poder intercambiar libros usados. A nosa amiga Mercedes de Lumeares será a que nos axudará nesta tarefa, so teremos que levar os nosos libros que xa temos leidos e releidos e cambialos por outros que nos podan interesar e por suposto de balde. Así que xa sabedes ali estaremos na feira para realizar o troco.
ANIMADEVOS!!!!
miércoles, 1 de agosto de 2012
Cataz Ponte Louco 2012
Aquí tedes o cartel feito polo Txema de San Xulian.
Etiquetas:
Ce e a Orquestra Pantasma,
Peter Punk,
Ponte Louco,
Ponte Louco 12,
Txema San Xulián
lunes, 30 de julio de 2012
Ponte Louco 12: Falperrys
Etiquetas:
Falperrys,
Ponte Louco,
Ponte Louco 12
miércoles, 25 de julio de 2012
Ponte Louco 12: Sacha na Horta
Seguindo coa programación do Ponte Louco 12 este grupo compostelán SACHA NA HORTA. Este grupo de "agropunk mestizo" creouse no ano 2007 para presentarse A Polo Ghit co tema Biocultivos e gañaron... A banda creouse con xente que xa formara parte de outras bandas: Os Tres Trebóns, A Matraca Perversa,... e sacan o seu primeiro traballo "Temos Moito que Sachar" con temas que falan das suas "inquedanzas, alegrías, rabias e soños; sempre con un toque de retranca e unha crítica incorformista".
Agora cunha banda renovada en 2009 o espíritu continua con temas novos coma "Busco Amante" ou Galiza Chamiza".
Etiquetas:
Ponte Louco,
Ponte Louco 12,
Sacha na Horta
jueves, 19 de julio de 2012
Ponte Louco 12: Alpargata
Aquí estamos de novo para ir adiantando o que poderemos ver no Ponte Louco deste ano... e comezamos forte: VOLVE ALPARGATA. A banda madrileña presentará o seu novo traballo: "Al Borde del Colapso", no que son máis alpargata, se cabe. Nel acentúanse esa manía de crear fusión pouco comúns, como o chotis do video, cumbias e por suposto rumba.
Recordade : 18 de agosto
Etiquetas:
Alpargata,
Ponte Louco,
Ponte Louco 12
sábado, 3 de marzo de 2012
Boas e malas novas
Que empezamos polas boas ou polas malas novas???
Case mellor mesturámolas e que volas reparta o corpo…
Boa nova: A pesar da que está a caer, outro ano máis, e van xa 11, HABERÁ PONTE LOUCO, e non é pouco, xa que son varios os festivais que se quedan no camiño ou están no aire
Mala nova: coa que está a caer os recursos dos que dispoñemos son menos que outros anos… haberá que facer traballar o miolo.
Boa nova: volvemos ás orixes… o PL 2012 será día de feira: 18 DE AGOSTO
Mala nova: este ano so faremos un día
Nova medio boa medio mala: este ano imos precisar un chisquiño máis da vosa colaboración… e sabemos que estaredes aí… así que se a alguén se lle ocorre algo, crea que pode botar a man,… nos andamos coa elaboración de cartel
Etiquetas:
Castro Caldelas,
Ponte Louco,
Ponte Louco 2012
lunes, 16 de enero de 2012
FACHÓS 2012
Este xoves día 19 celebraremos, un ano máis, unha das festas máis enxebres, interesantes e divertidas para os caldelaos: A FESTA DOS FACHÓS.
Como manda a tradición, a víspera de SanSebastián, patrón do Castro, entre lusco e fusco, unha procesión de fachós percorre as rúas do casco vello da nosa vila.
Logo de bordear o castelo, os fachós regresan ó adro da igrexa onde arden nunha grande fogata.
A festa continúa entre bocadillos de chourizo, tragos de viño, música de gaitas e berros de: ¡VIVA O SAN SEBASTIÁN!
Si non coñeces esta festa non a podes perder pois é algo totalmente diferente ó que estades acostumbrados.
Como manda a tradición, a víspera de SanSebastián, patrón do Castro, entre lusco e fusco, unha procesión de fachós percorre as rúas do casco vello da nosa vila.
Logo de bordear o castelo, os fachós regresan ó adro da igrexa onde arden nunha grande fogata.
A festa continúa entre bocadillos de chourizo, tragos de viño, música de gaitas e berros de: ¡VIVA O SAN SEBASTIÁN!
Si non coñeces esta festa non a podes perder pois é algo totalmente diferente ó que estades acostumbrados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)