viernes, 28 de agosto de 2009

EXPOSICIÓN DE LUISA VÁZQUEZ (MARISA), NO CENTRO COMARCAL.





Luisa Vázquez (Marisa) é natural do Castro onde estudiou a E.X.B., marchou dispois a Vigo a facer Bacharelato e posteriormente a Santiago, onde comezou os estudios de Historia da Arte.
As súas inquietudes artísticas véñenlle de moi nova, probando en diversas disciplinas ata que dende fai uns anos se inclinou pola pintura.
O seu estilo pictórico é ecléctico, ainda que as influencias máis acusadas recibeas de pintores de finales do XIX e do XX (postimpresionistas, expresionistas como Egon Schiele, modernistas como Gustav Klimt, sin deixar de lado outros autores do movemento moderno como Paul Klee e o seu estudio da cor).
Non obstante, nesta primeira exposición a selección de obras presenta unha variedade estilística moi amplia con traballos que van dende o estudio da forma humana, das emocións ata o tratamento moderno da forma e da cor.

miércoles, 26 de agosto de 2009

Festa do Motor


A festa do motor revive de mans da xente do Coyote, despois de uns anos no conxelador. As actividades realizaranse o sábado durante todo o día

Non quero que te poñas así

A peña NQQPA, tamén se une o mundo do blog. Benvidos. Eperamos entradas divertidas coma esas

jueves, 13 de agosto de 2009

Ponte Louco 09: outras actividades


Ademais do groso do programa hai outra serie de cousas de interese que imos apuntar:

A zona de acampada habilitada estará coma sempre na Ponte das Táboas (para que non a coñeza aquí pode ver máis fotos). E as recomendacións de todos os anos:

"A area recreativa Ponte das Taboas está a dous quilómetros do Castro dirección Trives (c-536). Nesa dirección atoparedes un cruce a esquerda e xa vedes a piscina. Se vides da zona de Trives ó Castro, teredes o cruce a dereita. En ambolos dous casos haberá indicacións de PISCINA (tamén un cartel que pon MAZAIRA e A MOÁ). No medio dopobo poremos ourtra indicación, xusto ó lado do cartel de A-76 POR OURENSE.Infórmovos de que non se pode acampar na zona mais cercana ó rio por se houbera inundacións (cousa pouco probable, pero toda precaución é pouca). De tódolos xeitos esa zona estará delimitada con cinta e carteis. respetadeos porque se non poden vir os do SEPRONA e multarvos (os de cerceda creo que saben de que falo). Tedes duchas de auga fría que vos virán moi ben para o domingo pola mañá, e este ano as portas dos lavabos quedarán abertas toda a noite para maior comodidade.Por favor COIDADE A ZONA. É un area que utiliza moita xente e non ten por que atopar desperdizos ou vasos rotos."
A feira de artesanía o sábado pola mañá, e pola noite haberá artesanos coma sempre na entrada do castelo...
... e unha sorpresa moi orixinal: virá un barquilleiro. Para moitos non haberá que explicarlle o que é e os outros... mellor que esperen a velo in situ

miércoles, 12 de agosto de 2009

Ponte Louco polo mundo adiante: Manuel da Teixeira en Segovia


Outra aportación máis. Desta o Manuel (xemlgos) da Teixeira andivo por terras segovianas, e onde se fai un unha foto en Segovia...
A cousa promete, haberá máis entregas este verán

miércoles, 5 de agosto de 2009

Portelazo


Seguindo co apartado de grandes festas recomendar unha vez máis o Portelazo. Ademais este ano podedes visitar o seu blog, para así enterarvos de todas as novas.

lunes, 3 de agosto de 2009

Cartel do Ponte Louco 09


Venres 21

De 17 a 19 na praza
  • Obradoiro de Malabares
  • Obradoiro de Break Dance: Afrodisiacos Crew
Ás 19 Contacontos: Canier
Ás 22 horas Teatro no Castelo
23: 00 Sesión de Curtas: El Cumpleaños e Calle Desengaño (Ver trailer)
Sábado 22

Contacontos: Anxo Moure
Títeres: Viravolta