
Tamén dende o Concello de Parada do Sil están a preparar a II CARREIRA DE MONTAÑA EN PARADA DE SIL que ten como prazo de incrición ata o 19 de Outubro e unha cota de 8 e 10€, en función de si es ou non federado. Podedes atopar máis información da web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra. A rota será a mesma co ano pasado, pero iste ano coa novidade de que está homologada, da que segundo acabo de saber hai uns folletos explicativos.
Tamén en datas proximas celebrarase no Concello de Nogueira de Ramuín a 1ª Ruta do barallete, concretamente o sábado, día 4 de Outubro. Aorganización defínea coma "unha ruta para todos: camiñantes, corredores, ciclistas e persoas con movilidade reducida". O percorrido será de 21 km (media maratón) e de 8km para so de movilidade reducida.