
No Castro non se celebra a noite de San Xoan, pero noutros moitos puntos de Galicia, sí. Esta é unha das miñas noites favoritas e aínda lembro con morriña o ben que o pasabamos en Santiago coa presión engadida de que tiñamos exames e non era convinte saír (poucas veces o respetamos). Ai aquelas sardiniñas asadas acompañadas de viño e pan de millo...
No 2000, creo recordar, tentamos instaurar a tradición no Castro e fixemos unha caharela en Trascastro, onde vivían Pais, Rois e Roberto. Non volveu repetirse, pero non estivo mal.
Espero que os que poidades disfrutedes desta noita máxica.
De tódolos xeitos, os que estades no Castro, poderedes ir mañá a Camba que tampouco está nada mal.
Felicidades ós Xoanes e Xoanas.
(A foto é de J. Pereira)