lunes, 23 de junio de 2008

AS CACHARELAS DE SAN XOAN


No Castro non se celebra a noite de San Xoan, pero noutros moitos puntos de Galicia, sí. Esta é unha das miñas noites favoritas e aínda lembro con morriña o ben que o pasabamos en Santiago coa presión engadida de que tiñamos exames e non era convinte saír (poucas veces o respetamos). Ai aquelas sardiniñas asadas acompañadas de viño e pan de millo...

No 2000, creo recordar, tentamos instaurar a tradición no Castro e fixemos unha caharela en Trascastro, onde vivían Pais, Rois e Roberto. Non volveu repetirse, pero non estivo mal.

Espero que os que poidades disfrutedes desta noita máxica.

De tódolos xeitos, os que estades no Castro, poderedes ir mañá a Camba que tampouco está nada mal.

Felicidades ós Xoanes e Xoanas.

(A foto é de J. Pereira)

3 comentarios:

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Este ano celebrouse na piscina unha sardiñada-churrascada en honra o S. Xoán. Home non é o mesmo pero sempre é un xeito de celebralo.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Por certo xa sei onde podes ver os videos de o contador que me contas de Ourense. Entra na páxina do contador e en vez de ir a ver vídeos vai a calendario, busca ourense que está o 25/05/08 e pincha sobre Ourense, alí xa nos podes ver no primeiro e no segundo vídeo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

A verdade é que a min ben me valía ainda que so fose coas sardiñas...
Acabo de vervos no contador que me contas...IMPRESIONADA ME QUEDO, qué dicción, qué fantasía, qué ben!!!! Non puiden ver todos os vídeos, so vin nos que salides vós e teño que darvos a noraboa.