jueves, 11 de octubre de 2007

OS CEMPÉS DESPÍDENSE.


Cando viña para casa escoitando Discópolis entereime dunha noticia tristísima: DESPÍDENSE OS CEMPÉS!!!!!!!!!!!!!!!!!! Ó mellor son unha ignorante e xa estabades enterados todos, pero eu non tiña nin idea. Supoño que os Airiños (ou o seu alter ego "Charáculus") estarán tristes. A estas alturas os de Montederramo tamén estarán chorando este adeus. Eu prefiro confiar en que so sexa un "ata logo".
Reproduzco eiquí o que atopei na sua web:
Tras unha longa e meditada deliberación, Os Cempés deciden facer un alto no seu camiño. Unha parada cun carácter non excesivamente definido, pero o suficientemente tanxible como para saber que non se trata dun simple descanso.Desexos de reciclarse e novos proxectos son algúns dos argumentos que esgrime o grupo ferrolán máis internacional de tódolos tempos para explicar o por que da súa decisión.Para non deixarnos co sabor amargo da despedida, concédennos un plazo de adaptación: Durante o 2007 levarán a cabo a súa última xira para retirarse despois practicamente dun xeito definitivo.
Quédanos coma legado perpetuo doce anos de traxectoria, cinco elepés e unha vertixinosa concepción musical que os fixo merecedores dun posto de honra na historia da música folc