domingo, 15 de septiembre de 2013
13 ANOS DE PONTELOUCO
Coma nos debuxos da tele poderiamos decir: "eeeeesto es todo amigos".
A organizacion actual do Pontelouco prepara una retirada a tempo, e decir estamos pensando en deixar o barco en mans de xente nova (tanto en idade coma en ideas) para que depois de 13 anos esto siga en marcha pero con novas forzas e con motas gañas.
Debido a esto o día un de Novembro convocarase unha reunión no local social dos Pilos para que todo aquel que esté interesado en coller as rendas e en seguir adiante co Ponte Louco poda coller o testigo e sempre contando ca nosa colaboración para todo o que necesite.
A hora da reunion publicaremola en cuanto a saibamos.
miércoles, 11 de septiembre de 2013
AIRIÑOS DE CALDELAS 25 ANOS
Como moitos saberedes o pasado dia 7 de Setembro o grupo de Gaitas Airiños de Caldelas cumpliu 25 anos dende que por primeira vez colleron os tarecos sendo inda unhos nenos.
Esta entrada vai adicada a todos eles os que comezaron e que hoxe xa non estan e os que seguen tocando e pondo a musica nas nosas festas. Grazas polas alboradas que nos despertan nos Remedios, grazas por todalas bandeiras que axudastes a colgar, grazas por todos esas mañás de música en todos os pobos do Concello,grazas por esas noites inolvidables de festa ata o amencer,grazas por estar sempre nos Fachós, grazas por ser músicos amigos e grandes persoas, grazas por poder haber tocado con vose sobre todo daros as grazas por todos esos anos que nos quedan de mùsica e troula xuntos.
AIRIÑOS DE CALDELAS SODES OS MELLORES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)