
Aí atras puxemos dúas entras sobre ambos viaxes de dous "pontelouqueiros" a Paris. A idea era ter unhas fotos de xente coa camiseta do PL. E claro aquí está o "pontelouqueiro" máis internacional que temos: o Lois, que agora anda por Vietnam. Na primeira foto está no Templo do Emperador Hue.

E como viaxan pouco, nesta última foto podedes ver unha das súas grandes afecións: viaxar, aquí estaban en Laos.
Por certo, non sei se vos destes conta, pero aquí a dereita hai un lugar no que pon Lois e Sabela, que son el e a súa moza, na que nos contan as súas viaxes xuntos por unha chea de países.