jueves, 13 de mayo de 2010

E pecha o cartel: os CUCHUFELLOS

Ademais de Chotokoeu e Algargata, este ano volverán ao Ponte Louco, os Cuchufellos, e así tocarán os temas do seu último traballo "Achegaivos Feligreses".

Pos si hai alguén que non os coñeza (que o dubido) que se pase polo seu myspace, e para os que os coñecen que dicir... que cada ano mellor

miércoles, 12 de mayo de 2010

Máis blog da zona


Os blogs van e veñen, algúns pouco duran, pero vouvos comentar de algúns que foron nacendo e falan de historias da zona:

En la Ribeira Sacra é outro proxecto da xente do Caserío da Castiñeira no pretenden dar a coñecer esta zona, facendo cousas tan interesantes coma eses mapas virtuais de mosteiros ou de miradores

Uns e Ceros é un blog personal, do Manolo da Teixeira no que fala de temas de actualidade, pero sobre todo relacionado coa tecnoloxía, tema do que é un gran coñecedor

Portelazo Este xa leva un tempo, eso si sen moita actualización, esperemos que agora que se achega o verán vaian colgando novas da seguinte edición.

En contos da Ribeira Sacra Eduardo Prieto contanos historias da Ribeira Sacra, en especial da Terra de Caldelas, de esa terra que como el di "foi e xa non é"

Oscar Gómez (da Teixeira) fala no seu blog das súas experiencias ciclistas

Eladio crea un novo blog: Mil Xeitos de Ollar para expoñer fotos de diversos tipos

Por último falar do blog de Florencio de Arboiro e da Asoc Ben Cho Shey onde podedes ver as novas deste artista e da Asociaición que pretende recurar a figura do afiador (hai un video de TVE moi interesante)

viernes, 7 de mayo de 2010

Máis nomes: CHOTOKOEU


Ademais de Alpargata, no PONTE LOUCO 2010 actuará o grupo Coruñés CHOTOKOEU.

Eles autodefínense coma "fusiónn festiva", e iso, sen dúbida, ten moito que ver co Ponte Louco. Para facer música bailable mesturan diversas músicas: ska, a rumba, o reggae, o Folk, latina ou Swing.

Na súa curta historia teñen tocado en diversos festivais do pais (Senuncan, Festival da Chaira, ...) recibido premios como o galiza Crea 2009.

Se queredes saber máis visitade o seu myspace ou os seus videos no youtube

E estade atentos que a semana que ven hai máis novas ¿Quen será o terceiro grupo deste ano?

lunes, 3 de mayo de 2010

Andaina de Lumeares

Outro ano máis a AAVV "Lumeares ComoMires" organiza a andaina.

A data é o 15 de Maio, sábado a saída farase dende a Teixeira (no Campelo). Os teléfonos de contacto son o 689 433 425 e 678 856 183.

O percorrido sae pola estrada que vai a Boazo e baixa cara Lumeares, logo sobe cara ó Fontao (Sta Marta) por un precioso sendeiro que polas ladeiras do Caldelas, tendo unhas preciosas vistas do Sil.


Dende alí collese unha pista que vai pola ribeira do Sil, donde hai unhas vistas espectaculares de Amandi, e que chega ata Cristosende. Dende aí vólvese á Teixeira.

Alí realizarase unha comida, pero o prezo está sen confirmar.