lunes, 3 de mayo de 2010

Andaina de Lumeares

Outro ano máis a AAVV "Lumeares ComoMires" organiza a andaina.

A data é o 15 de Maio, sábado a saída farase dende a Teixeira (no Campelo). Os teléfonos de contacto son o 689 433 425 e 678 856 183.

O percorrido sae pola estrada que vai a Boazo e baixa cara Lumeares, logo sobe cara ó Fontao (Sta Marta) por un precioso sendeiro que polas ladeiras do Caldelas, tendo unhas preciosas vistas do Sil.


Dende alí collese unha pista que vai pola ribeira do Sil, donde hai unhas vistas espectaculares de Amandi, e que chega ata Cristosende. Dende aí vólvese á Teixeira.

Alí realizarase unha comida, pero o prezo está sen confirmar.

1 comentario:

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

saliralles de maravilla coma sempre, son uns fenómenos organizando eventos...