
Na nova exposición poderedes ver unha pequena historia sobre a invención da escritura que realmente foi o que posibilitou que aparecesen os libros. Noutro apartado amósase información sobre o día do libro e sobre unha das obras máis importantes da literatura en lingua castelá: El Quijote. Temos tamén outra sección adicada a libros antiguos con algunhas curiosidades como unha obra editada en Seone de Argas a principios do século XIX e outro apartado de "curiosidades" con facsímiles de textos como As Cantigas de Amigo, El Camino, etc... Pero o groso da exposición céntrase no libro na escola con exemplares que van dende principios dó século XX ata agora e percorren todas as materias que dende entón se teñen estudiado: dende "labores del hogas" ata as máis modernas coma Tecnoloxía ou Informática.
Esperamos que vos guste e lembrámosvos que todos aqueles interesados en contribuir cos seus préstamos a dita exposición poden facelo sin problema. Desexamos que siga medrando.
3 comentarios:
Eu achegueime hoxe a vela e está moi chula. Espero que vaia medrando como lle pasou a outra
Aunque poco a poco se completará con más aportaciones, el estado actual es precioso.
Me gusta todo... también los catecismos (ya no me acordaba del color naranja de la cubierta).
Abrazos y enhorabuena. Gracias pòr vuestro esfuerzo.
Gracias a ti también Roge, que siempre pones tu granito de arena.
Agora xa temos moito mais material, periódicos da escola de Montederramo e de Parada do Sil, contos manuscritos e con debuxos, xa están colocados os selos do Quixote, chulísimos, etc, etc...
Así que esto vai a mais, do que nos alegramos, e agradecemos a todos a sua colaboración.
Publicar un comentario