viernes, 31 de octubre de 2008

Felicidades


Mañá, día primeiro, está de cumpleanos o Victor, once aniños. ¡Felicidades! e iso que non nos invitou a esa superfesta que vai montar no España. Aquí, nas fotos véselle nunha excursión que fixemos pola ruta de matacás a Pena do Xastre no ano 2004.
Daquela era bo rapaz, agora é medio luterking (como diría o Notario), mirade...

jueves, 30 de octubre de 2008

Mosteiro de Trandeiras

A pasada fin de semana estivemos pola Limia para coñecer o Mosteiro do Bo Xesús en Trandeiras.
Está situado no pobo de Trandeiras, moi perto da Torre da Pena.
O seu estado de conservación é moi malo, a excapción da igrexa, o que fai que xunto co de San Paio, sexan os dous mosteiros ourensáns na lista roxa. Ademais se entredades nese link podedes ver datos historicos sobre a construción.
Eu foi un lugar que descubrin gracias ao Panoramio (onde podedes ver máis fotos), pero a sorpresa ao vistalo foi grande xa que só vira fotos dun claustro, e como podedes ver é unha edificación grade. Por último dicir que está rodeada dunha carballeira moi ben arreglada.

miércoles, 29 de octubre de 2008

II andaina da Castaña



O próximo 15 de novembro celebrarase a II andaina da castaña en Parada do Sil. A rota será a recen estreada PR-G 98 (Rota Canón do sil-Sta Cristina) e que conta de dous bucles de 8km e 10,5 Km respectivamente (é dicir 18,5 en total). Debido ós constantes desniveis a rota é de dificultade media-alta.

Ese mesmo día, a partir das 11 da mañá, tamén se celebrará a II andaina para cativos polo sendeiro das carriozas cun percorrido de 3,5km, e que contará con guías.

Na web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra pódese descargar o folleto.

lunes, 27 de octubre de 2008

En santos neve nos campos


Segundo a predición da AEMET, as neves, este anos, serán tempraneiras. A predición é, se cadra, máis inestable do normal, porque modifican a cota de neve cada dous por tres: pero parece que o xoves e venres a cota vai estar entre os 900m e os 700m, co que se podería repetir a estampa.

Recomendación: Fotos do David de Pedrouzos na web de Sta Tegra


Na web de Sta Tegra colgaron estes días unhas fotos cedidas polo David de Pedrouzos, hai autenticas xoias. Recoméndovos que lle botedes un ollo.

OUTONO FOTOGRAFICO II

Outra veciña de Terra de Caldelas no Outono Fotográfico.
María Castro exporá no Centro Comarcal de Castro Caldelas a súa obra "AZUL".
Trátase de unha proxección das suas fotos así que acercádevos a velas.

María X (Pérez Castro)Castro Caldelas, Ourense, 1979

Iniciouse na fotografía de forma autodidacta; posteriormente foi alumna do fotógrafo Peter Schneider, e realizou o Ciclo Superior de Fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago. Antes de terminar os seus estudos comezou a facer fotografía para a publicidade de empresas e negocios. Así mesmo, impartiu varios cursos de iniciación á fotografía en institutos e escolas privadas. Na actualidade traballa como autónoma: desde 2004 colabora co Patronato Provincial de Turismo de Ourense, realiza fotos para a publicidade de empresas de todo tipo, e no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desde o ano 2002. Nestes momentos realiza as fotografías para unha guía turística sobre Ourense que publicará este ano a editorial Everest. Ten múltiples exposicións individuais e colectivas, tanto en Galicia como en Portugal (Braga, Lisboa, Porto), e ten imaxes publicadas en varios libros, como Cociña tradicional do Ribeiro ou o volume 3 de As mellores receitas da cociña galega, ademais de portfolios nas revistas La Fotografía Actual e Búsola

domingo, 26 de octubre de 2008

O OUTONO, AS SETAS E O MAGOSTO.


Levo unha hora no panoramio vendo con envexa sana as fotos de Maiscargada sobre o Castro, o outono, as setas... Dame moita pena non poder estar por aí nesta estación na que todo se pon tan espectacular. Creo, de feito, que é a época do ano estéticamente máis impresionante.

Intento consolarme pensando que dentro de cinco días por aí andarei, ainda que un fin de semana non me chegue a nada. Espero poder ver in situ as árbores da piscina, facer algún roteiro (para torpes, que xa vos coñezo e sodes demasiado profesionáis para min) e por suposto comer castañas a esgalla e chourizo con moderación. Tampouco me importaría probar algunha das setiñas da foto...
Como agora parece ser que empeza a temporada de setas por aquí abaixo, quedaddes todos invitados a vir buscalas, jeje.
As fotos, como xa dixen, son "roubadas" a Maiscargada. Pinchade no enlace que temos dende o blog, merecen moito a pena






Ponte Louco polo mundo adiante: Lois II (Ás veces as segundas partes son mellores)


REEDICIÓN: Engado esta foto porque o Lois vai de protagonista e so nos manda as súas fotos, pero como se pode comprobar a Sabela tamén ía equipada para a viaxe.

Xa hai uns meses falamos deste pontelouqueiro, e entre todos parece que lle iamos quitando importancia aos seus viaxes polo sudeste asiático. Entre o resto de viaxeiros por Suíza, Italia, Portugal, Ás Médulas e o viaxe frustrado a Xamaica, fomos restandolle importancia á superioridade das súas viaxes.
Pero aquí está de novo o Lois vencéndonos ao ancho e, agora, ao alto, do planeta. A foto está tomada, con bastantes dificultades, no Monte Kinabalu, en Borneo, que con 4095,2 ms é a montaña máis alta do sudeste asiático. A viaxe leva dous días camiñando duramente, pero según informa é peor a baixada. E se queredes ver máis fotos das viaxes del ide a súa galería.

Dificilmente igualable.

Tamén hai que citar ao Campos, que andibo de cruceiro polo Mediterraneo, mecou a camiseta do Ponte Louco, púxoa e esqueceuse de sacar a foto. Gracias

viernes, 24 de octubre de 2008

OUTONO FOTOGRAFICO


Comeza en ourense o Outono fotográfico e este ano temos o placer de contar cas fotos dun veciño,(e o meu cuñadísimo) Jorge Cacharrón. Participa ca súa exposición "Paisaxes" e enriba podedes ver unha mostra da súa fotografía.

PAISAXES:
Jorge Cacharrón
Percorrido visual do inmenso valor paisaxístico que ten a comarca de Caldelas (Ourense), para atopar ese misterio que envolve o verde galego, os recantos, as fontes e camiños; en definitiva, trátase de reflectir a súa beleza e diversidade.Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 3 ao 15 de novembro

jueves, 23 de octubre de 2008

Galicia encantada


Como últimanete non facemos demasiadas entradas (debido á época seteira e que coa finalización da e´poca forte de festas xa non hai tanto que contar) hoxe vou facer un par delas.


Xa hai tempo que atopei esta páxina: Galicia Encantada, unha enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Na web recompilánse xogos, rotas, conversas (audios), ... e sobre todo lendas. Ádemais conta localizador, se por exemplo poñedes Castro Caldelas aparécenvos cinco: a luz do Couto, Senén da Laguiñas (non confundir con estoutro Senén), Demonios Lambóns, O tesouro da igraxa das Neves e A riqueza da Casa do cura da Pousa. O caso do Castro é especial, xa que Risco é unha fonte moi importante de recuperación de tradición oral.

Coidando a imaxe



Como xa saberedes todos as obras da parte ourensá da estrada a Monforte están a piques de rematar. Respeto a se foron o sufieintemente profundas é un debate moi profundo no que non hai moito acordo, pero no que si o hai é na necesidade de coidar o impacto producido e había consenso á hora de criticar un par de cousas: os quitamedos e os muros de granito gris. Pois o outro día cando ía por esta estrada levei unha grata sorpresa o ver que estas dúas cousas foron arranxadas: os quitamedos son de madeira (con metal por dentro) e a verdade é que dan outra imaxe; e os muros foron pintados de marrón e se vos fixades vese que na parte superior plantaron unhas edras que con algo de tempo cubriran estes muros.

lunes, 20 de octubre de 2008

¿Estabamos de luto? Por nó

Os que andades de noite polo Castro xa vos destes conta de quen é este da foto. O Senén é de Pigüeiros, ainda que leva toda a vida en Barcelona. É unha persoa coñecida e recoñecida, non so por a súa pinta (en especial polas gafas), é un famoso promotor musical (non sei moi ben como catalogalo? ). Pero ademais fai os seus pinitos na televisón: No crónicas, nun programa que emitía a dúas pola tarde (para nenos) sobre ciencia, e agora seica fai os seus pinitos, segundo informa un corresponsal en madrid, como crítico de cine (volvede ler o título, en especial a segunda parte)

jueves, 16 de octubre de 2008

Premio Vicente Risco 2008

(O xurado do premio)
Maña, venres, celebrarase a entrega da decimoterceira edición do Premio Vicente Rico de Ciencias Socias.
O premio esta organizado pola Fundación Vicente Risco, da que forman parte a Fundación sotelo Blanco, o Concello de Castro Caldelas (ambolos dous foron os fundadores deste premio) e o concello de Allariz. O premio foi creado no ano 94, e a pesar de que algúns ano quedou deserto, no seu palmarés hai libros de grande interese.

Lois Ladra foi o premiado nesta edición cun estudo que leva por título A Pesca Tradiocional nos Ríos de Galiza. Ainda que non o pareza o estudo é moi innovador, xa que a práctica totalidade dos estudos sobre pesca son de pesca marítima-oceánica, cousa paradóxica segundo o autor xa que iso é capturar ou recoller, e a verdadeira pesca é a de río (eu engadiría a do litoral). Céntrase nesas "arquitecturas para a pesca", que se denominan pesquerías, caneiros, arcas, ... todo elo dende unha perpectiva multidisciplinar (histórica, xeográfica e económica).

miércoles, 15 de octubre de 2008

Feira da Carne de Montederamo

E VEÑA CARNE, E VEÑA FEIRA!








A Festa da Feira, a Feira da Festa, pouco máis hai que decir despóis de ver as fotos non?




lunes, 13 de octubre de 2008

PLAY! CÁCERES: GECKO TURNER E CHAMBAO

Tiña pensado facer unha crónica escrupulosa do concerto de Gecko (lástima non levar unha camiseta do PL porque podíamonos tocar ca man), pero creo que no blog http://naranjasdelaschinas.blogspot.com/ tedes todo o necesario. Eu botei de menos máis temas coñecidos, pero gustoume moito. Alegroume ver de novo a Piruchi Apó Botupá (de Las hijas del sol) que agora faille os coros a Gecko.
No de Chambao... era imposible acercarse nin as pantallas. Dende donde nós estabamos non se vía o escenario nin se escoitaba como dende primeira fila. Está visto que "La Mari" gusta en Cáceres. A mín non me emociona (demasiado Chill out para min) igual lle collín manía polo anuncio de Andalucía da 1ª, que sempre che fastidia a peli...

Caceres a ritmo de Gecko Turner: CÁCERES CIDADE EUROPEA DA CULTURA

Si che apetece votar para que Cáceres sexa cidade europea da cultura, vai a este enlace: http://www.candidatecities.com/, e mentras disfruta das súas vistas e da voz de Gecko.

jueves, 9 de octubre de 2008

Rotas para camiñar por Galicia


O xornal El faro de Vigo está a editar uns pequenos libriños sobre rotas de sendeirismo que se poden mercar os domingos por 2,95 (creo recordar).
Os libriños en si céntranse por zonas: Courel, Ancares, Fragas do Eume, Trevinca, Xurés,... e Ribeira Sacra. Traas un primeiro número sobre a zona lucense, esta fin de semana ven o da parte ousrensá. Aparte das PR-G, trae outras rutas desas zonas. As explicacións non veñen tan ao detalle como no de Sendeiros e Camiños pero cun mapa millor. Eu xa merquei algún deles e a ver que dice o desta semana

PRESIDENTE Porque te vas

Aquí está a última xoia que atopei. Prestade especial atención ós estilismos e á impecable posta en escena. A coreografía é alucinante, creo que a deberiamos ensaiar para o próximo portelazo.
Si queredes saber máis de PRESIDENTE, visitade a súa páxina (presidenteweb.com) ou ide a myspace (http://www.myspace.com/presidenterock) e xa me contaredes.
Espero que despois de ver o video teñades botado unha risa ;-)

ESTO SI QUE É UNHA FAN





Aquí tedes unha das fans máis noviñas do Pontelouco. A nena é da Teixeira (a foto enviouna o seu tío), e con fotos coma estas todos os que facemos o Ponte Louco medramos un pouquiño máis. Graciñas.

miércoles, 8 de octubre de 2008

Direccion Norte,Por que te vas?

De novo son altazor publicando co nome de Mais cargada (perdón, non sei cómo solucionalo).
Julio da Teixeira coincide conmigo en gustos musicais e deixoume este enlace de youtube, así que eu decidín inaugurar unha sección de versión do tema de Jeannette. Agradécense suxerencias.
¿Qué vos parece iste?

martes, 7 de octubre de 2008

Festival de Cine de Ourense

O proximo sábado, día 11, comezará a décimo terceira edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. Os cambios prometidos polo seu director, o caldelao (de Sas para máis señas) Enrique Nicanor, estanse a plasmar. Eu resumiríao cun "máis cine menos alfombra roxa".
Este ano coincidindo co Ano Europeo do Diálogo Cultural, o festival leva como subtítulo "celebrando a diversidade".
As películas que se poderán ver, un total de 377, están divididas en tres grupos. selección ofial, ciclos temáticos e panorama Galicia. representa un aumento significativo con respeto a anos anteriores, o dobre de películas que o ano pasado.
Non teño o programa estudiado, pero o que si prometo é ver a do Kusturica.

lunes, 6 de octubre de 2008

Festa da Carne en Montederramo


Un ano máis, e con este xa van quince, celebrarase unha nova edición da Festa da Carne en Montederramo o vindeiro 12 de outubro.
Imaxino que o programa será semellante o de outros anos(carne ó caldeiro, richada, bica, empanadas, viño, ...) , xa que non atopo moita información; e imaxino (tamén) que esto se fará para que non se produza o desbordamento dos últimos anos, ó que tamén axudará un tempo propio do outono, non coma nos últimos anos.

domingo, 5 de octubre de 2008

PABLO GUERRERO EN EL PLAY CÁCERES

Os escenarios do Play Cáceres: en primeiro termo o do Arco de la estrella e ó fondo á dereita (entre a torre Bujaco e o Concello) El Foro de los Balbos.


Escoltado por berros de: POETA, SOÑADOR!!!!!! comenzou onte o "recital-concerto" que Pablo Guerrero ofrecía no marco do PLAY CÁCERES.


Curiosamente, no Foro de los Balbos había representantes de todas as xeracións: nenos, adolescentes, trintañeiros, nostálxicos... e de todos os estilos: dende estéticas hippies ata punkis, pasando pola miña que se pode calificar de absolutamente normal.


O escenario iluminouse e a voz rota e grave de Pablo envolveunos a todos, eu diria que nos hipnotizou. O poeta, o soñador, o cantautor, mezclou no seu espectáculo de onte o recitado de poemas da súa última obra publicada (Escrito en una piedra, Visor libros, Madrid, 2007) e os temas do seu último traballo discográfico: Plata.


Absolutamente xenial, as caras de felicidade da xente dicíano todo: Pablo Guerrero gusta, e gusta moito.


Ós portugueses TERRAKOTA non os poidemos ver porque se non non pillabamos bo sitio para Pablo Guerrero, pero o pouco que escoitamos de camiño ó segundo escenario gustounos bastante. É un grupo mestizo moi pontelouqueiro.


Para saber do concerto de Noa remítovos ó blog de Roge, so vos adianto que foi EMOCIANANTE, iso é unha voz e un bo sonido.


Seguiremos informando, o próximo venres tócanos GECKO.


viernes, 3 de octubre de 2008

por qué te vas?

Esta é unha versión do clásico de Jeannette que me encanta. Aparece en GRANDES ÉXITOS de Javier Álvarez, un traballo adicado a versións de temas que o marcaron (aí tamén fai unha versión de Rita Pavone).
O tema poi elexido para a banda sonora de Mi vida en 65´.
¿Qué vos parece?

Rita Pavone - Che m'importa del Mondo '64

jueves, 2 de octubre de 2008

Curso para emprendedores no rural


Chegounos un mail dende o CC comarcal pedindo que lle deramos difusión a este seminario. Así que reproduzo textualemte o texto enviado:

Estamos sempre dándolle voltas ó tema de que os pobos morren, que non queda xente, que había que facer...

A próxima semana celébrase no Centro Comarcal de Terra de Caldelas un seminario sobre estas cuestións da creación de postos de traballo, micro empresas, iniciativas no rural etc. ó que se pode acudir para poñer en común esas ideas do que se podería facer e aprender a concretar de forma realista cómo se fan ou deberían de facer as cousas.Serán tres sesións de 4 horas cada día o 7, 8 e 9 de Outubro de 17:00h. a 21:00 h. Para todos aqueles que precisen afondar mais no tema da creación de empresa poderán ampliar a súa formación posteriormente en sesións específicas a partir de finais deste mesmo mes. Se estades interesados en acudir só tedes que apuntarvos no Centro Comarcal por teléfono 988 20 46 30 ou no cctcaldelas@comarcasdegalicia.com (se lle enviades un mail pódenvos mandar o programa)

miércoles, 1 de octubre de 2008

O Xurés: Rota de Padrendo

O outro día fomos o Parque Natural da Baixa Limia (ou Querquenia) a facer unha rota de sendeirismo.
A rota de Padrendo é das recoñecidas pola Federación Galega de Montañismo, concretamente é a PR-G 28. A rota circular comeza no pobo de Padrenda para subir pola beiras do Río Caldo onde se poden ver tres muíños.
Os catro primeiros quilómetros son de pendiente continua ata chegar á cota dos 800m. onde están as vistas máis espectaculares e propias do Xurés galego: serras moi abruptas nas que a vexetación é escasa e na que os penedos graníticos son a única decoración. A foto é da Serra da Eufemia.
Se a subida era importante, a baixada non o foi menos ata que o camiño chega a Torneiros (onde están estes hórreos). Por certo, os camiñantes fomos Alfonso, Dori e máis eu.
Estas covas serviron para gardar o viño. Están excavadas na terra.

Despois fomos a aldea da Cela, onde as casa conviven e aproveitan as moles graticas como se pode ver na foto. Moi espectacular.
Logo aproveitamos a volta para visitar outros lugares de interese: Santa Comba de Bande, a Igrexa do SVII contruída polos Suevos, a máis antiga de Galicia, e o primeiro Monumento Nacional declarado no pais.
Paramos tamén en Aquis Querquennis, un campamento romano no que levan moitos anos traballando. É sinxelo dar unha volta por estas terras e atoparse con importantes vestixos de épocas pasadas, so nos faltou visitar os dolmens de Muíños ou da Moura
Os romanos estarían tolos pero sabían moi ben onde colocar os seu asentamentos, é común, coma neste caso, que preto haxa un manantial de augas quentes, estas a case 50º.