miércoles, 29 de octubre de 2008

II andaina da Castaña



O próximo 15 de novembro celebrarase a II andaina da castaña en Parada do Sil. A rota será a recen estreada PR-G 98 (Rota Canón do sil-Sta Cristina) e que conta de dous bucles de 8km e 10,5 Km respectivamente (é dicir 18,5 en total). Debido ós constantes desniveis a rota é de dificultade media-alta.

Ese mesmo día, a partir das 11 da mañá, tamén se celebrará a II andaina para cativos polo sendeiro das carriozas cun percorrido de 3,5km, e que contará con guías.

Na web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra pódese descargar o folleto.

4 comentarios:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Qué pena. Ya podía ser este sábado...
En fin, qué lo disfruten ustedes, amigos.

Un abrazo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

lo mismo digo. Este verano fixemos a ruta das carriozas e, ainda que houbo un momento no que nos perdemos por non variar, gustounos moito. E é que Parada ten unha paisaxe

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

si pero esta non é moco de pavo. de feito é bastante dura.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

claaaaaaaaaaaaaaro, pero é que nós fixemos a das carriozas que é moi cortiña, de feito Marisa fixoa con nós e iba "de calle". Tamén coñezo a xente que empezou a das cariozas por recomendación nosa e acabou en...Rabacallos (con nenos e todo).