jueves, 15 de mayo de 2008

NOVAS EN MONTEDERRAMO




Varios rapaces, e non tan rapaces, do Concello de Montederramo están creando unha asociación xuvenil-deportiva, que se chamará "O SON DAS PEDRAS".Por certo é un nome que me trae moi bos recordos daqueles tempos en que empezamos a meternos nos mundos dos festivais.

Deséxovos moita sorte e que traballedes moito, e haber se prontiño podemos todos desfrutar das actividades que se organicen en Montederramo.

Se alguén quere facerse socio só ten que pasarnos un mail e nos porémolo en contacto ca nova asociación.

GALEANO: O CONTADOR DE HISTORIAS


Onte tivemos en Ourense a oportunidade única de asistir a presentación do novo libro de Eduardo Galeano “Espejos, una historia casi universal”.

Galeano nesta presentación falounos das súas novas historias, historias que percorren As Cavernas, o Nilo, as resurreccións de Jesucristo ou do mesmo Zapata, historias que reúnen o cotián ca denuncia, o humor e a ironía, que falan de xente que estivo nas grandes hazañas pero que non foron os protagonistas, historias de galegas coma Emilia Pardo Bazán ou como Concepción Arenal, en fin, historias.

E un auténtico luxo haber podido asistir a esta presentación, e recoméndovos que se tedes a portunidade e vos queda cerca que vos acheguedes a velo e que merquedes o seu novo libro, porque xa quedan moi poucos que relaten e conten a vida coma o fai Galeano.