Mostrando entradas con la etiqueta Montederramo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Montederramo. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de agosto de 2011

MONTEDERRAMO EN FESTAS!!!!


VI EDICIÓN DA SEMANA CULTURAL: MONTEDERRAMO AGOSTO 2011

DIA 12
A PARTIR DAS 00:30H
-VI EDICIÓN DO CONCERTO- FESTIVAL "O SON DAS PEDRAS" COS GRUPOS:
CUCHUFELLOS (MANZANEDA)
THE OTHERSITE (MACEDA)
DIA 13
-ÁS 22:30 H: CINE: “LOS MUERTOS VAN DEPRISA”
-A PARTIR DAS 00:30H: DISCOTECA MOVIL ( HASTA QUE O CORPO AGUANTE)
-I CONCURSO DE CHISTES CON GRANDES PREMIOS
DIA 14
-ACTIVIDADES INFANTÍS: LECER NO RURAL. (DE 17 A 19 H)
-TEATRO INFANTIL: “CARAPUCHINA VERMELLA OU O CONTO DO LOBO” (ÁS 19:00H).
-VERBENA CA ORQUESTA "NOVA PALMA"
DIA 15
-PASARÚAS E SESIÓN VERMOUTH CA ANTIGA BANDA DE GAITAS DE MONTEDERRAMO.
-FESTA INFANTIL (DE 17 A 20 H)
-FESTA E VERBENA CA ORQUESTA "MARCA"
DIA 16
-PASARÚAS E SESIÓN VERMOUTH CA NOVA CHARANGA DE TRIVES
-FESTA E VERBENA CUN GRUPO ORQUESTRAL.
DIA 17
-20:00H : TEATRO (Comedia) PARA TODOS OS PÚBLICOS: “GO ON”.
-23:00H: CINE: “UP” .

martes, 10 de agosto de 2010

Fin de semana intenso


O do 15 sempre foi un fin de semana complicado. Este ano non vai ser menos e con dous platos fortes: Montederramo e Portelazo

Montederramo celebra as festas patronais (14, 15 e 16), pero como previo rescatan ó festival "Son das Pedras" este ano con Cinco Bajo Cero e o Sonoro Maxin. E aquí podedes consultar a programación da semana cultural

O 14, o Portelazo, cunha chea de actividades: maxia, carreira de sacos, sorteos, ... podedes consultar calqueira cousa no seu blog

miércoles, 21 de enero de 2009

NOVO BLOG EN MONTEDERRAMO

A asociación de mulleres rurais de Montederramo, acaba de unirse a esta febre que nos ataca a todos e que se chama blogmanía.

Dende o seu blog darán a coñecer todalas actividades que elas coma asociación están a realizar e tamén darán a coñecer as novas que se produzan no Concello.

De momento e para que vaides abrindo boca, podedelas visitar en: http://www.blogoteca.com/acaracocha


(FOTO ROSETA)

viernes, 24 de octubre de 2008

OUTONO FOTOGRAFICO


Comeza en ourense o Outono fotográfico e este ano temos o placer de contar cas fotos dun veciño,(e o meu cuñadísimo) Jorge Cacharrón. Participa ca súa exposición "Paisaxes" e enriba podedes ver unha mostra da súa fotografía.

PAISAXES:
Jorge Cacharrón
Percorrido visual do inmenso valor paisaxístico que ten a comarca de Caldelas (Ourense), para atopar ese misterio que envolve o verde galego, os recantos, as fontes e camiños; en definitiva, trátase de reflectir a súa beleza e diversidade.Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 3 ao 15 de novembro

miércoles, 15 de octubre de 2008

E VEÑA CARNE, E VEÑA FEIRA!








A Festa da Feira, a Feira da Festa, pouco máis hai que decir despóis de ver as fotos non?




lunes, 6 de octubre de 2008

Festa da Carne en Montederramo


Un ano máis, e con este xa van quince, celebrarase unha nova edición da Festa da Carne en Montederramo o vindeiro 12 de outubro.
Imaxino que o programa será semellante o de outros anos(carne ó caldeiro, richada, bica, empanadas, viño, ...) , xa que non atopo moita información; e imaxino (tamén) que esto se fará para que non se produza o desbordamento dos últimos anos, ó que tamén axudará un tempo propio do outono, non coma nos últimos anos.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Monterramo en Jólibu


Montederramo vai ser visto en Jolibu. A película Los Girasoles Ciegos foi preseleccionada para representar ao cine español na Gala dos Oscar e como xa saberedes parte desta foi rodada no mosteiro de Montederramo. Se nos elixen van a flipar os Ianquis.
Quen nos verá acompañando ás nosas grandes estrelas (Victor, Paula, Alberto L., etc.) pola alfombra vermella.
Codearnos con Cloony, Barben, Allen, os Cohen, ...
¡Aurora! vai preparando o medelito, levaremos o licor café e exportaremos os fachós, a feira da carne e, como non, o Ponte Louco. Esta gala, se hai sorte, vai marcar un antes e un despois nos Oscars.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Inaugurada a exposición fotográfica de Jorge Cacharrón

O luns foi inaugurada a exposición fotografica de Jorge Cacharrón no Centro Comarcal. Dende aquí convidarvos a que a visitedes, xa que poderedes gozar dunhas instantaneas que resaltan a beleza das paisaxes da zona.

Despois de un longo tempo apartado desta afición retomouna recentemente e como se pode ver adícalle tempo.

Ademais compartirá espazos cunha exposción de grabados do Castro, así que todos os que vos acerquedes ó Castro durante os Remedios buscade un intre para poder visitalas, merecen a pena.
Hoxe (día catro) fun o centro comarcal e vin que fixeran uns folletos con Texto do Pepe Sampaio, do que vou reproducir só unha parte: "Paisaxes é o reflexo dunha observación da natureza no seu momento de espledor, buscando os mellores efectos naturais que cada estación otorga ás imaxes, captándoas coa súa máquina e volcándoas no seu estudo para a finalización"

martes, 26 de agosto de 2008

Rota do Biduerial


Faltaba a foto de grupo na entrda do outro días, e como só a fixeramos co cámara de Eladio tivemos que esperar que nola mandara. Pois aí está

miércoles, 13 de agosto de 2008

Rota polo Bidueiral


O 20 facemos unha rota polo bidueiral, imaxino que xa estaredes enterados. Como esta vez non pode vir a Dori a "inscrición" podémola facer aquí mesmo; máis que nada para ver se hai que levar a alguén ou como temos que facer para quedar.


A rota sae da Mogaínza, facendo 5 Km ata o Campo do Casar, onde se fará o buclue circular do bidueiral, de 9,1 Km, volvendo ao Campo do Casar, dende onde voltaremos á Mogaínza.

Total 19,1 km. Dificultade media-baixa.

Hora de saída dende a Mogainza 12:00, dende o Castro 11:15

miércoles, 6 de agosto de 2008

O SON DAS PEDRAS

E tamén este ano, O son das Pedras en Montederramo, apra que non digades que non vos temos informados de todo o que pasa nas TERRAS DE CALDELAS

jueves, 15 de mayo de 2008

NOVAS EN MONTEDERRAMO




Varios rapaces, e non tan rapaces, do Concello de Montederramo están creando unha asociación xuvenil-deportiva, que se chamará "O SON DAS PEDRAS".Por certo é un nome que me trae moi bos recordos daqueles tempos en que empezamos a meternos nos mundos dos festivais.

Deséxovos moita sorte e que traballedes moito, e haber se prontiño podemos todos desfrutar das actividades que se organicen en Montederramo.

Se alguén quere facerse socio só ten que pasarnos un mail e nos porémolo en contacto ca nova asociación.

martes, 29 de abril de 2008

ANDAINA POR MONTEDERRAMO. AS FOTOS...








Pois aquí tedes unhas fotiños do que foi a andaina,bueno, da andaina precisamente non, xa que non tivemos o que hai que ter para subir a serra co día que facía, pero son fotos da festa de despóis.
Como xa vos comentamos o día estivo malo, malo, malo. Tiveron que recortar os derradeiros kilómetros (os da subida o Santo) e inda así houbo xente que o pasou bastante mal, inda que non todos, xa que entre os douscentos participantes que se atreveron a subir ( había uns cuatrocentos anotados que se non fora por o día houberanse animado) había xente que ía moi preparada.
Despóis chegaron os Airiños de Caldelas cas gaitas e animaron a tarde chuviosa, sobre todo nos bares, e despóis de pasar por todos os do pobo,rematamos no mítico Señor Alfredo onde apuramos unhas herbas e uns Samsom (que dan moita enerxía).

Agradecer a Alberto Cacharrón a organización da andaina, e a todos os colaboradores o traballo que fixeron para que saíra perfecta. Especial mención a Olivia e Anita “carcelera” que xunto con Jorge Caharrón aguantaron no medio da serra as inclemencias do tempo para estar no avituallamento. E gracias por suposto a todos os que axudaron todos os días previos para que todo estivera preparado, e sobre todo, os arroutados participantes.Esperemos que o ano que ben veña un pouco máis favorable o tempo.

lunes, 31 de marzo de 2008

LOS GIRASOLES CIEGOS: AS FOTOS DA RODAXE






Aquí tedes algunhas fotos da rodaxe de "Los girasoles ciegos" dirixida por J.L. Cuerda e con guión do recentemente fallecido Rafael Azcona.
Como comentabamos noutra entrada máis antiga, parte da rodaxe fíxose no mosteiro de Montederramo.
Seguro que nas fotos recoñecedes a alguén.
Si algún dos asiduos lectores deste blog ten máis fotos da rodaxe e lle apetece que as saquemos, so ten que mandalas ó noso mail