martes, 29 de abril de 2008

ANDAINA POR MONTEDERRAMO. AS FOTOS...








Pois aquí tedes unhas fotiños do que foi a andaina,bueno, da andaina precisamente non, xa que non tivemos o que hai que ter para subir a serra co día que facía, pero son fotos da festa de despóis.
Como xa vos comentamos o día estivo malo, malo, malo. Tiveron que recortar os derradeiros kilómetros (os da subida o Santo) e inda así houbo xente que o pasou bastante mal, inda que non todos, xa que entre os douscentos participantes que se atreveron a subir ( había uns cuatrocentos anotados que se non fora por o día houberanse animado) había xente que ía moi preparada.
Despóis chegaron os Airiños de Caldelas cas gaitas e animaron a tarde chuviosa, sobre todo nos bares, e despóis de pasar por todos os do pobo,rematamos no mítico Señor Alfredo onde apuramos unhas herbas e uns Samsom (que dan moita enerxía).

Agradecer a Alberto Cacharrón a organización da andaina, e a todos os colaboradores o traballo que fixeron para que saíra perfecta. Especial mención a Olivia e Anita “carcelera” que xunto con Jorge Caharrón aguantaron no medio da serra as inclemencias do tempo para estar no avituallamento. E gracias por suposto a todos os que axudaron todos os días previos para que todo estivera preparado, e sobre todo, os arroutados participantes.Esperemos que o ano que ben veña un pouco máis favorable o tempo.

4 comentarios:

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Lembremos a Roseta tamén que inda que non pudo estar en corpo estivo en alma...

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Saides todos moi guapos. O "bombeiro" moi risueño parece un iluminado do espíritu santo con esa pombiña na cabeza. Na foto non falta detalle: gaiteiros, pombiñas, bocatas, viño...alegría, alegría (que diría a ausente Rosa). A foto co señor Alfredo tamén está moi ben. Por certo, noteino bastante desmellorado....

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Ainda que "emitiendo para toda la galaxia" vos trate de enganar posando cun botellín de auga na foto que acaba de engadir ó seu perfil... non pensedes que é abstemia e angelical como parece inferirse do retrato: bébevos, e penso que lle gusta, ademáis está poseida pola REQUETEBESTIA do visitante 6666. Coidadiño con ela

rosa dijo...

oh!!!!!!!! que ben o pasastes, e eu aquí, con collarín, intentando non parecer da tribu das mulleres jirafa ou,coma me dixo algún, a Cervantes...
Pero xa sei que vos lembrastes moito de min e iso faime moi feliz, gracias amigos.
Bicos a tod@s