sábado, 24 de mayo de 2008

Blog dos xubilados


A asociación de xubilados ven de crear un blog para así dar a coñecer as actividades que realizan e achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.


Ademais do 20 ó 31 de maio están a facer unha exposición fotográfica co título "Doutros Tempos" organizada pola rede de dinamización tecnolóxica (Déborah). A exposición mostra o traballo dos xubilados participantes nun obradoiro de informática no que aprenderon a escanear as fotos antigas que foron encontrando pola casa. Todas as fotos están colgadas no propio blog da asociación.