A verbena está en crise e son poucas as festas dos pobos (as mellores) que resisten co modelo tradicional (Alais e pouco máis). Pois na ribeira veñen aires novos, xa que hai algúas festas que están a tirar por novos camiños.
Explicar que é o portelazo é un pouco difícil, de momento ide vendo que ben o pasa a xente...

Vamos intentalo: é unha festa que se celebra o 16 de agosto na Portela, parroquia de Sta Marta do Fontao (a Teixeira), na que en vez de levar unha orquestra a facer play-back levan un tío a pinchar de todo (dende Manolo Escobar, Spice-girls, ...), e algo de música en vivo, como se pode ver...
.jpg)

Eso sí coidado, que é unha festa moi perigosa...
As festas da luz foron, non hai tanto, das máis importantes da zona, e tras uns anos de agonía, a comisión decidiu dar un novo aire o ano pasado, organizando un concerto para o sábado, como podedes ver o ano pasado recuperou parte do explendor que tivo...


Para non falar so de festas nas que actuamos os airiños (e que non digades que fago auto-bombo, nunca mellor dito), teño que decir que en Lumeares tamén renovan aires e o 8 hai algo de xaleo, a ver si algún lugareño nos pode informar algo máis.