sábado, 5 de abril de 2008

120 CAPADORES

Xa hai uns meses saíu este disco homenaxe aos que probablemente sexan o grupo máis influinte en Galicia dende os tempos de Pucho Boedo (case nada): Os Diplomáticos de Monte Alto.

Vinteúnha versións dos seus grandes éxitos deses compañeiros de Rock brabú e “fillos” dese movemento: Cuchufellos, O sonoro maxín, 3 Trebóns, Rastreros, Banda Potemkim, Lamatumbá, ... (como vedes moitos deste estiveron no Ponte Louco); e bueno non é por amizade, quédome co Castiburón dos Cuchufellos. Habelas hainas de toda clase, as versións, os que por pequenos detalles te das conta que non son os Diplomáticos (os Dixebra cantanto en Bable o Gaiteiro) e os que claramente meten os seu toque persoal, con maior ou menor acerto.

Ademais hai catro “bolas extra”.

O caso señora é que por só 15€ pode ter este dobre disco na casa...

Gaiteiros