

 Esta fin de semana celébrase a terceira edición do Rali de clásicos de Castro Caldelas, puntuable para o recentemente creado Trofeo "Mangallo Classic Team", a que se podería considerar da súa consolidación; como mostra o número de inscritos, que iste ano subiu ata 85 coches, contando por primeira vez coa incorporación de motos.
 Esta fin de semana celébrase a terceira edición do Rali de clásicos de Castro Caldelas, puntuable para o recentemente creado Trofeo "Mangallo Classic Team", a que se podería considerar da súa consolidación; como mostra o número de inscritos, que iste ano subiu ata 85 coches, contando por primeira vez coa incorporación de motos.O programa podédelo ver na web de MANGALLO, pero como resumo pódese dicir que os coches chegarán o sábado as 10am, e irán pasando polo Castelo para verificar. Máis tarde aparcarán o carón do centro de saude. A saida irana tomando dende a praza do prado, igual que o ano pasado, dende as 12 en punto. 
O primeiro bucle será pola zona da ribeira, con zonas tan espectaculares coma as curvas de Cristosende (12:15) o a subida dende Alais (14:30). Logo baixarán á Abeleda, onde xantarán, e dende onde irán a Sober para volver por onde volverán pasar sobre as 18:00 en dirección Queixa, para pasar por Montederramo e rematar en Ourense.
Simplemente darlle a noraboa á organización, e ánimos para próximas edicións
 
