
So faltan unhos días de nada (menos de 50), así que como pontelouqueiros que sodes recomendo que estos días vaiades facendo estiramentos sobre todo das extremidades inferiores e superiores, facendo hincapé no xuego de tobillos e machacando os bíceps o máis que podades ( o dos bíceps polo tema barra). Tamén é importante traer preparado os da nuca (trapecio, esternocleidomastoideo...), xa que soportan unha gran presión durante todo o festival.
Por favor, seguide as recomendacións porque logo non queremos oir que estades cansos. Vide preparados e ben alimentados, unha dieta rica en proteínas e importantísima para facer frente o día dous de Agosto, e se creedes que é necesario tomar algún complemento vitamínico non dudedes en facelo. Maís vale excederse que quedarse cortos.
Ah! Esquecíame, é indispensable traer a camiseta do Festival, que este ano está feita dun material especial para expulsar a maior velocidade o suor e o seu tratamento antibacteriano proporciona unha grande sensación de frescor.Se non a tedes, apurade para mercala porque é un chollo de camiseta.