
Os blogs van e veñen, algúns pouco duran, pero vouvos comentar de algúns que foron nacendo e falan de historias da zona:
En la Ribeira Sacra é outro proxecto da xente do Caserío da Castiñeira no pretenden dar a coñecer esta zona, facendo cousas tan interesantes coma eses mapas virtuais de mosteiros ou de miradores
Uns e Ceros é un blog personal, do Manolo da Teixeira no que fala de temas de actualidade, pero sobre todo relacionado coa tecnoloxía, tema do que é un gran coñecedor
Portelazo Este xa leva un tempo, eso si sen moita actualización, esperemos que agora que se achega o verán vaian colgando novas da seguinte edición.
En contos da Ribeira Sacra Eduardo Prieto contanos historias da Ribeira Sacra, en especial da Terra de Caldelas, de esa terra que como el di "foi e xa non é"
Oscar Gómez (da Teixeira) fala no seu blog das súas experiencias ciclistas
Eladio crea un novo blog: Mil Xeitos de Ollar para expoñer fotos de diversos tipos
Por último falar do blog de Florencio de Arboiro e da Asoc Ben Cho Shey onde podedes ver as novas deste artista e da Asociaición que pretende recurar a figura do afiador (hai un video de TVE moi interesante)