martes, 14 de agosto de 2007

RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 3: Información meteorolóxica


Datos do Instituto Nacional de Meteoroxía (http://www.inm.es/), para Castro Caldelas o 18 de agosto:

  • Probabilidade de precipitación 5% (e que por curarse en saúde case nunca poñen "0")
  • Temperaturas máxima e mínima 25-9 Cº (vinde abrigados ou dispostos a non para en toda a noite)
  • Dirección do vento S-E, velocidade 7 Km/h

Se hai algunha variación iremos informando

RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 2


A organización recordalle a tódolos asistentes que o consumo en publico de hachis está prohibido, non polo noso parecer; pero si coma ten pasado outros anos ven a secreta e te pilla son 300€.

Busca alternativas, ...

Pregón do Ponte Louco

Xurxo Souto, famoso ex-cantante-acordeonista dos Diplomáticos, presentador do "Aberto por Reformas",... será o encargado de pregoar o Pongte Louco.

Antes de agradecerlle a Xurxo, hai que facelo a Roberto dos Cuchufellos (e aos Cuchufellos en xeral por converterse no grupo oficial do festival), que se prestou a falar con el para pedirllo.

Xurxo Souto xa tivo ocasión de actuar no Ponte Louco 2005, e a verdade foi unha das maiores sorpresas para nós, non esperabamos que unha persoa de tanto renome fora tan agradecida.

Programa

A partir das 12:00

Feira de artesanía (recordade que ese día hai tamén a feira quincenal no pobo)

A partir das 17:00 Xogos para nenos

mago-malabar Xacobe

Teatro: Trécola Teatro presentanos Nola e Albe

A partir das 21:30 Charanga Os Veraneantes

Concerto (22:30)

Pregón.

Os tres trebóns e o Vendaval do rosal

Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers

Cuchufellos

Banda Potenkin

Recorda: O Ponte Louco é un festival que se autofinancia, senon mercades a camiseta, consumides no bar... non se lles pode pagar os artistas