
Sengudo conta na edición do 30 de xullo La Voz de Galicia a editorial A Nosa Terra ven de editar unha novela inédita no escritor, con ascendencia no Castro, Xosé Manuel Casado.
O texto que reproducimos podédelo ver tamén na web do xornal:
"Oito anos despois do seu pasamento Xoán Manuel Casado (Barcelona, 1.949 - 2.002) volta a ocupar un lugar privilexiado na oferta literaria de Galicia e nos andeis das librarías. E faino grazas a un seu amigo, Xesús González Gómez, que recupera unha novela inédita do escritor catalán con ascendencia ourensana, nas terras de Castro Caldelas. Volta e revolta é o título da novela que recupera a editorial de A Nosa Terra e na mesma o protagonista é un guionista de cine que regresa á súa terra desde Francia, co obxectivo de coñecer o lugar donde fora paseado o seu pai no ano 1.936.