miércoles, 16 de enero de 2008

RECOMENDACIÓNS PARA OS FACHÓS





A risco de parecer pesados con tanto fachón e tanto San Sebastián, imos seguir co noso tema estrela do mes de xaneiro.


A festa comenza entre lusco e fusco, isto soe ser entre as sete e as oito. Compre ser moi puntual porque a procesión dura pouco (uns quince minutos máis ou menos). Xa sabedes que o lugar de partida é o parque que hai diante da Igrexa. Alí haberá un montón de fachós que se repartirán momentos antes de que comence todo. O fachón grande baixa apagado polas Laguiñas dende o Toural e colócase no chan diante da Igrexa.

A procesión comenzará cando se prenda o fachón grande. Diante del irá a imaxe de palla do San Sebastián e os gaiteiros. É MOI IMPORTANTE QUE NINGÚN FACHÓN PEQUENO SE COLOQUE DIANTE DO GRANDE PORQUE DIFICULTA MOITO A LABOR DA XENTE QUE O LEVA. (mirade outras fotos do evento e comprenderedes que non é ningunha coña ir na cabeza do fachón grande). Dende fai anos tanto mulleres coma homes levan este fachón, eu nunca o fixen porque como son baixiña tería que ir cos brazos en alto (jejejeje) e non podería con tanto peso (mirade a primeira foto para ver o grosor que pode ter o fachón e o que abulto eu).
Os que levamos FACHÓN PEQUENO temos que ter en conta varias cousas: a parte que se queima é a máis ancha, o fachón debe levarse HACIA ARRIBA COMO SE VE NA 2ª FOTO (si facedes o contrario ídesvos afumar e faredes que o fachón arda moito máis rápido co cal podédesvos arriscar a que non vos aguante todo o recorrido). Se vedes que perde forza e se apaga tedes que abanealo de arriba a abaixo ou ben quitarlle un nó si é que o fachón xa chegou a il. Nas dúas primeiras fotos podedes ver os nós que atan o fachón. Istes fanse enrollando a palla hacia a dereita (sentido das agullas do reloxo), así que para desfacelo so tedes que desenrolar o nó hacia a esquerda. Esto que, escrito aquí, parece un "rollo repollo" é moi fácil. Tamén compre que teñades coidado coa xente que vai ó voso lado (de ahí que conveña levar o fachón hacia arriba) pois podedes meterlle o lume na cara a alguén. Na rúa do Sol sóese montar unha boa fumeira, así que si sodes especialmente sensibles é millor que esperedes ahí a que a procesión apareza pola rúa grande.
Ó final todos os fachós arden nunha fogata diante da igrexa. Alí repartiranse bebidas e bocadillos de chourizo asado (mirade a foto). Xa algún "anónimo" comentou noutra noticia que non sexades e cutres e pidades tres chourizos por barba para logo tiralos. Son gratis, pero só se deben pedir os que se vaian comer (digo eu). Dispois do chourizo: máis viño, licor café, gaiteiros, queimada, troula. Cando o frío xa non nos permita aguantar na rúa poderemos ir ós bares e pubs do castro que, gracias a Deus, téñenvos uns prezos bastante populares.
Por certo, non son ningunha experta, así que si pensades que digo algo equivocado, correxídeo.
VIVA O SAN SEBASTIÁN