jueves, 11 de diciembre de 2008

I CONCURSO DE RELATO CURTO "CONTO CALDELAS"


I CONCURSO RELATO CURTO: “CONTO-CALDELAS”

BASES:


1.- Relatos en galego, ca única condición de que terán que estar ambientados na Terra de Caldelas.

2.- Os relatos presentaranse baixo un seudónimo,da siguiente forma: no momento de presentar o traballo entregaráse un sobre pechado no que constará por fora do sobre o seudónimo empregado e dentro do sobre os datos personais do concursante.

3.- Os relatos presentaránse en folio tamaño A4, a unha cara, con dobre espacio e con letra “Times New Roman” de tamaño 12. Serán dun mínimo de dous folios e un máximo de dez, ou ben, poderán ser presentados a man con letra lexible, tamén en folio A4, sendo de un mínimo de dous folios e máximo de dez.

5.- O plazo de presentación dos traballos será dende o momento da publicación de estas bases no blog: www.pontelouco.blogspot.com e ata o 15 de Marzo do 2.009.

6.- Categorías:

A.-De 6 a 12 anos (incluídos).
B.-De 13 a 17 anos (incluídos).



7.- Deberase indicar no sobre, na parte exterior, a categoría a que pertence o traballo.

8.-Os relatos presentaranse no Centro Comarcal Terras de Caldelas.

9.- Xurado:directiva da Asociación Cultural-Xuvenil “O Irrio”.

10.- A Asociación quedaráse cos traballos orixinais, devolvendo unha copia o seu autor.

11.- Os traballos gañadores serán expostos no Centro Comarcal Terras de Caldelas e a lista de gañadores daráse a coñecer no blog do Ponte Louco antes do 8 deAbril, para proceder a entrega de premios na Semana Santa do 2.009.

12.-Premios: haberá tres premios por categoría.
Os premios consistirán en libros de literatura galega infantil e xuvenil, así coma xogos e outros a determinar. Indicaranse todos eles máis adiante no blog do Ponte Louco.

13.- O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación de tódolos concursantes das seguintes bases.

Curtas no Centro Comarcal

Para o nadal está programadao no Centro Comarcal un ciclo de curtas de animación :
Martes 23 (18:00h): A lingua animada.
  • A escola das areas
  • A xuagarana
  • Alistán, o demo oveiro
  • Good night, mon ami (baseado nun relato de Castelao)
  • Meigallo, sombras e papas de arroz

Venres 26 (18:00h): A lingua animada.

  • Ignotus (baseado nun texto de Murgía)
  • A revolta dos mouses
  • Animhombre machine
  • Os defuntos falaban Castelao (Baseado nun realto de Ánxel Fole)

Sábado 27 (18:00) pásase Gargalladas 2, que estaba progemada para o 29 de Novembro

  • Formularios Truculentos
  • Incomunicados
  • O matachín
  • O trasto
  • Premio
  • Temporada 92-93

Martes 30 (18:00h) Modelando con pegadas.

  • A flor máis grande do mundo
  • O grilo
  • Caderno de bitácora
  • Km 53
  • Man
  • Prestix
  • O retorno da Lei ( de David Rubín)
  • O Carrabouxo

Debido a que o aforo é limitado, recoméndase anotarse no Centro Comarcal: cctcaldelas@comarcasdegalicia.com

Máis info e sinopses en: http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/