martes, 29 de diciembre de 2009

PELIS DE TIM BURTON DURANTE O NADAL NO CENTRO COMARCAL

A asociación O IRRIO e o Centro Comarcal organizan para este nadal sesións de cine pola tarde. Si vos acercades polo centro poderedes ver casi todas as pelis de Tim Burton.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

UNHA VEZ MÁIS: RAUL





Unha vez máis no pub Rubio, Raúl esta vez acompañado de outro gran músico, Rafa, deu un concerto espectacular no que logrou, como non, encher o pub e que todos absolutamente todos cantaramos e bailaramos cas cancións do seu amplo repertorio, que toca vai dende Los Panchos, Kiko Veneno, Macaco,Sabina eun largo etc...
Coma sempre Raúl-Rafa, un pracer, e por favor, non tardedes en volver.

"HAMOR" EN LA ESO



jueves, 3 de diciembre de 2009

LEANDRO LAMAS

Fai máis de dez anos tiven a sorte de ver unha exposíción da que quedei prendada. O autor daqueles coloristas e oníricos lenzos que me deixaron prendada era un tal Leandro. A sorte quixo que fai pouco me poidera "reatopar" con este magnífico pintor e poidera ter acceso á obra que realizou nos últimos anos.
Como podedes ver pola imaxe de arriba, Leandro tamén se está dedicando á ilustración de contos, e precisamente este estivo seleccionado este ano para a bienal de ilustración de Bratislava.

Recoméndovos que entredes no seu blog e tamén nesta outra páxina onde poderedes disfrutar de moitos dos seus cuadros. Polo menos mentras non teñamos sol de verdade poderemos cargar pilas coas cores da pintura de Leandro.


martes, 1 de diciembre de 2009

PALABRAS

Despois de tantos dias de abandono cibernético voltamos a cíbervida con este estupendo enlace
sobre as palabras. Esperamos que vos guste.